Home A Coruña O concello inicia a selección do alumnado da acción formativa para desempregados que...

O concello inicia a selección do alumnado da acción formativa para desempregados que comezará en febreiro

- Anuncio -

Constará de 468 horas a impartir de 9:30 a 14:30 ata o mes de xuño nunha aula homologada do Edificio Administrativo da Laracha.

O vindeiro día 3 de febreiro é a data prevista para o inicio da nova acción formativa para desempregados (AFD) centrada na atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. A iniciativa será posta en marcha polo Concello coa colaboración da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.

O plan formativo constará dun total de 468 horas a impartir ata mediados de xuño de 9:30 a 14:30 horas nas aulas homologadas do Edificio Administrativo da Laracha. Ademais da materia específica realizaranse dous módulos transversais, un sobre igualdade de xénero e outro relacionado coa formación para a igualdade, a inserción laboral e a sensibilización medioambiental. Aquelas persoas que finalicen o programa con éxito recibirán o certificado profesional Nivel 2 que acreditará a formación cualificada completa nesa materia.

O procedemento de selección do alumnado xa está en marcha. As persoas que estean interesadas en realizar esta acción formativa para desempregados e cumpran os requisitos establecidos poden solicitalo no departamento municipal de Emprego acudindo ao Edificio Administrativo da Laracha ou chamando ao 981612811.

Hai quince prazas dispoñibles que serán outorgadas entre os aspirantes de acordo aos criterios establecidos nas bases reguladoras, que están dispoñibles para a súa consulta na web municipal alaracha.gal.

Relacionadas

A Xunta salienta o seu esforzo na posta en valor e mellora da área...

0
Ángeles Vázquez destaca entre as melloras acometidas os máis de 160.000 € investidos en accións de mellora da vexetación de ribeira e eliminación de...

A Xunta pon en valor o traballo diario do persoal da residencia de maiores Torrente...

0
O centro coruñés convértese no primeiro de Galicia en obter esta acreditación, que se enmarca no desenvolvemento do novo modelo de coidados A residencia de...

Presentación dos obradoiros sobre o uso de aplicacións móbiles para persoas maiores nas parroquias...

0
O concelleiro de Novas Tecnoloxías, Francisco Suárez-Puerta presentou esta mañá os obradoiros do uso de “apps móbiles” para persoas maiores.Suárez-Puerta sinalou que “estes obradoiros...

O concello avanza no procedemento de contratación de tres proxectos de mellora da rede viaria 

0
As intervencións afectarán ás parroquias de Golmar, Soutullo, Cabovilaño e Lendo. Tres proxectos dirixidos á mellora da rede viaria municipal serán adxudicados nos próximos días...

O Concello require ao Obispado a inmediata demolición dun muro perigoso en Santa Cruz

0
O Obispado está a facer caso omiso aos requerimentos do Concello de Oleiros para a inmediata demolición dun muro con serio risco de derrubamento...

O alumnado do IES de Ponte Carreira participa no obradoiro “Violencia de xénero e...

0
O alumnado de ESO do IES de Ponte Carreira participou esta mañá no obradoiro “Violencia de xénero e novo contexto dixital”, centrado no coñecemento...

Publicacións Relacionadas