Home Pontevedra López Campos anuncia a licitación por máis de 300.000€ das obras de...

López Campos anuncia a licitación por máis de 300.000€ das obras de restauración do Santuario da Peregrina

- Anuncio -
  • Adianta que a actuación contará cun prazo de execución previsto de 6 meses e está dirixida a resolver as patoloxías causadas polas humidades que afectan as fachadas
  • Salienta que os Orzamentos deste ano do goberno galego inclúen preto de 2,5 M€ para actuacións neste e noutros dous inmobles sobranceiros da cidade do Lérez
  • Garante que a Xunta reforzará o coidado e preservación “nas mellores condicións” da gran riqueza patrimonial de Galicia
  • Destaca que a Administración autonómica ten realizado 130 actuacións patrimoniais durante o pasado ano en Galicia, cun investimento de case 13 millóns de euros

A Xunta de Galicia acaba de licitar por máis de 300.000€ as obras de restauración do santuario da Virxe da Peregrina en Pontevedra para resolver as patoloxías causadas polas humidades que afectan principalmente á cuberta e ás fachadas. Así o anunciou o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, nunha visita a este Ben de Interese Cultural, acompañado polo delegado territorial da Xunta, Agustín Reguera.

O responsable de Cultura do Goberno galego precisou que as actuacións contarán cun prazo de execución previsto de seis meses para, segundo adiantou, substituír a cuberta de chumbo por unha de zinc, realizar impermeabilizacións, reparar canlóns, protexer as gárgolas e cambiar a pasarela de madeira de acceso á cuberta por unha metálica. Ademais, tamén avanzou que a intervencións incluirán, entre outras, a restauración dos elementos escultóricos, como son a balaustrada, os pináculos, as cornixas e tamén as imaxes da virxe da Peregrina, Santiago, san Roque e a da Alegoría da Fe.

López Campos salientou a importancia destas obras para manter nun estado de conservación “óptimo e axeitado” un “ben sobranceiro, simbólico e querido pola veciñanza de Pontevedra”. Nesta liña, enxalzou a relevancia “cultural e turística” deste inmoble, xa que asegurou que se ten convertido nunha “visita imperdible por parte de toda aquela persoa que quere coñecer a cidade e a provincia”.

2,5 M€ en tres significativos bens de Pontevedra

O conselleiro lembrou que este investimento forma parte dos preto de 2,5 M€ dos Orzamentos da Xunta deste ano para actuacións de restauración en “tres significativos bens patrimoniais” da cidade de Pontevedra, como son o convento de Santa Clara, a basílica de Santa María a Maior e o nomeado santuario da Peregrina. Consecuentemente, enmarcou estas actuacións na estratexia do Goberno galego para “reforzar o coidado e preservación nas mellores condicións da gran riqueza patrimonial desta cidade e de toda Galicia”.

O representante da Administración autonómica defendeu esta “importante partida” na conservación e restauración por parte do Goberno galego dos “valiosos bens culturais” que ten a cidade de Pontevedra, “que son unha mostra do coidado que recibe e recibirá por parte da Administración autonómica todo o patrimonio de Galicia”.

22 M€ para a área de Patrimonio en 2025

Precisamente, encadrou estas restauracións dentro do compromiso da Xunta de “conservación, mantemento e posta en valor dos nosos bens patrimoniais para que sigan contando a nosa historia ás novas xeracións”. Neste senso, lembrou as 130 intervencións arquitectónicas sobre 81 bens realizadas o pasado ano cunha contía de case 13 millóns de euros e avanzou que nos Orzamentos de 2025 se reservan 22 M€ para área de Patrimonio.

Nesta liña, enxalzou que o Goberno galego mantén unha “política decidida” a favor da salvagarda “dun dos recursos con maior valor histórico, cultural, e turístico de Galicia” a través plans estratéxicos como o Plan Catedrais, o Plan de actuacións arqueolóxicas, o Plan de BIC do Camiño de Santiago ou o Plan Ribeira Sacra, así como diversos plans directores para bens concretos.  Así considerou que o demostran os máis de 55 M€ dedicados a este fin no último lustro pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Relacionadas

O Rosal inaugura a Oficina da Enerxía para liderar a transición enerxética no municipio

0
O acto inaugural será o vindeiro martes 21 de xaneiro ás 20.00 h no Salón de exposicións do Concello O Rosal segue a dar pasos...

A camelia protagonista esta fin de semana en Tui

0
Setenta e cinco expositores galegos, portugueses e asturianos presentarán no Claustro da Catedral acollerá máis de 125 metros cadrados dedicados a esta flor O Claustro...

Mos avanza nas reunións veciñais cun rexeitamento rotundo á nova A52 noutra sesión informativa...

0
Tras as reunións coas parroquias de Sanguiñeda, Petelos e Tameiga, hoxe celebrouse unha nova xuntanza con Pereiras. Existe previsión de ampliar nos días 22, 27...

Digna Rivas: “Ao negar a represión franquista en San Simón o PP actúa como...

0
Para a rexedora redondelá, as declaracións do deputado popular José Luis Ferro o único que fan é “branquear o franquismo, actuando como cómplice da...

O BNG esixe melloras urxentes en dúas estradas municipais en mal estado

0
Davinia Lojo reclama ao Concello de Marín actuacións inmediatas en Macenlle-A Moreira e Arealonga para garantir a seguridade viaria e mellorar a mobilidade da...

O alcalde de Nigrán recomenda ao deputado popular José Luis Ferro a lectura do...

0
Juan González, rexedor de Nigrán e historiador experto na Guerra Civil, ten documentado xunto a Antonio Caeiro e Clara de Saá fusilamentos e centos...

Publicacións Relacionadas