Home Pontevedra Soutomaior esterilizou en 2024 case 100 gatos silvestres das colonias felinas

Soutomaior esterilizou en 2024 case 100 gatos silvestres das colonias felinas

- Anuncio -

O alcalde Manu Lourenzo sinalou que é unha situación que entre todas e todos temos que correxir, polo ben dos propios animais e das persoas que viven en Soutomaior”.

O Goberno de Soutomaior esterilizou en 2024 case 100 gatos silvestres ao abeiro da campaña de control das colonias felinas municipais desenvolta desde o comezo do mandato. A gran maioría dos animais, uns 80, foron estirilizados grazas a que Soutomaior se adheriu en xuño do ano pasado ao convenio con CAAN, o Centro de Acollida e Protección de Animais da Deputación de Pontevedra, co obxectivo de efectuar un mellor control das colonias felinas.

Neste sentido, a concelleira de Medio Rural, Charo Bouzón, explicou que tras efectuar o traballo de localización, alimentación e xestión veterinaria dos animais, a cargo de fondos propios e coa colaboración de voluntariado veciñal, a xestión e control das colonias felinas axilizouse de gran maneira. Neste sentido, o Concello de Soutomaior conta cun rexistro das colonias felinas, actualizado de maneira semanal e que segue aumentando a medida que os veciños e as veciñas comunican novas colonias.

A concelleira sinalou que “as colonias felinas eran unha situación que viña preocupando ás veciñas e veciños dende hai xa anos, xa que vían como aumentaba a poboación de gatos e estábase a volver incontrolada e a derivar en problemas ambientais e mesmo sanitarios. Con estas actuacións, dende o Goberno de Soutomaior estamos a dar solución ”
Pola súa parte, o alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, agradeceu todo o traballo inxente levado a cabo polos veciños e veciñas voluntarias que axudan ao Concello á hora de capturar os animais, trasladalos a CAAN, recollelos e transportalos de volta ás colonias felinas e a solta dos gatos. “Imos seguir coas esterilizacións para dar solución a esta problemática que afecta á veciñanza do noso concello”.

O alcalde Manu Lourenzo tamén fixo un chamamento a que a veciñanza esterilice os seus gatos domésticos naqueles casos nos que aínda non o fixesen, especialmente nas zonas rurais, co obxectivo de que as colonias felinas non crezan aínda máis. “Coa chegada da primavera aparecen camadas abandonadas preto de contedores de lixo, tal é como ven lamentando a veciñanza dende hai tempo. É unha situación que entre todas e todos temos que evitar, polo ben dos propios animais e das persoas que viven en Soutomaior”, engadiu.

Relacionadas

A Real Academia Galega e o Museo de Pontevedra lembran esta tarde a Marcial...

0
· A musicóloga Laura Touriñán, autora do volume Marcial del Adalid e o seu legado na Real Academia Galega, presenta o libro ás 19:00...

O PSOE rexeita unha moción do BNG para paliar os efectos das enchentas...

0
Sol Seoane insta a xestionar o río coas premisas científicas e técnica deste século, avogando por facer un estudo técnico que permita eliminar  a...

A Oficina de Coordinación de Transplantes da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés...

0
― En concreto, asumíronse as doazóns de dous pulmóns, un fígado, seis riles e as ditas dúas córneas ― Nesta área sanitaria foron detectados tres...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables á Estrada e Lalín para...

0
O deputado provincial Javier Tourís reuniuse con Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada, e José Crespo, de Lalín, con motivo da visita da oficina móbil...

Baiona homenaxea aos campións do mundo de dardos

0
Iago Farto e Mauro Pazos, ambos os residentes en Baiona e, coñecidos no ámbito competitivo como Trafalgar e Mauro, lograron o título de campións...

Reggaeton Beach Festival e concello de Nigrán acordan un desconto do 50% nas entradas...

0
Nigrán prepárase para a cuarta edición de Reggaeton Beach Festival o 26 e 27 de xullo en Porto do Molle. O evento, que trae...

Publicacións Relacionadas