Home Pontevedra Digna Rivas: “Ao negar a represión franquista en San Simón o PP...

Digna Rivas: “Ao negar a represión franquista en San Simón o PP actúa como cómplice da ultradereita”

- Anuncio -
  • Para a rexedora redondelá, as declaracións do deputado popular José Luis Ferro o único que fan é “branquear o franquismo, actuando como cómplice da ultradereita e boicoteando o acordo pola Memoria Democrática”. No próximo pleno da Corporación proporase a declaración de Ferro Iglesias como “persoa non grata en Redondela”.
  • A alcaldesa de Redondela lamenta o silencio do PP de Redondela e confía en que a formación se pronuncie facendo pública “a súa consideración sobre o pasado de San Simón e a súa posta en valor como Lugar de Memoria Democrática”.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, critica a actitude do Partido Popular de Galicia, que onte negou no Parlamento autonómico a represión franquista na Illa de San Simón. Para a rexedora redondelá, as declaracións do deputado popular José Luis Ferro Iglesias “branquean o franquismo, actuando como cómplice da ultradereita e boicoteando o acordo pola Memoria Democrática”. Rivas fai referencia á intervención do deputado do PP na que asegurou que o Goberno galego “non tiña constancia de que houbese mortes na illa”. A alcaldesa sinala que se trata “dun ataque aos valores democráticos e a convivencia política”, chegando a situarse en contra dunha verdade histórica, “como é o uso da illa de San Simón como campo de concentración polo franquismo”. A intervención tivo lugar durante o debate dunha proposición non de Lei na primeira Comisión do ano no Parlamento para reclamar a constitución do Consello da Memoria Democrática de Galicia. Digna Rivas anuncia que no próximo pleno da Corporación proporase a declaración de Ferro Iglesias como “persoa non grata en Redondela”.
Rivas insiste en a Illa de San Simón “é un dos lugares da represión franquista máis emblemáticos de Galicia, no que milleiros de persoas foron encerradas inxustamente e sometidas a tortura e trato inhumano”. A alcaldesa sinala que a dramática historia de San Simón “é ben coñecida pola veciñanza de Redondela e bisbarra”, así como a “solidariedade de moitas mulleres que actuaban como madriñas dos presos”, un colectivo ao que o Concello homenaxeou. Rivas defende que é fundamental que todas as administracións “leven a cabo accións públicas dirixidas ao coñecemento da nosa historia e o fomento da memoria democrática”, como fai o Concello de Redondela.
A alcaldesa de Redondela lamenta o silencio do PP de Redondela, representado no parlamento galego polo redondelán Alberto Pazos, e confía en que a formación local se pronuncie facendo pública “a súa consideración sobre o pasado de San Simón e a súa posta en valor como Lugar de Memoria Democrática”.

Relacionadas

O Rosal inaugura a Oficina da Enerxía para liderar a transición enerxética no municipio

0
O acto inaugural será o vindeiro martes 21 de xaneiro ás 20.00 h no Salón de exposicións do Concello O Rosal segue a dar pasos...

A camelia protagonista esta fin de semana en Tui

0
Setenta e cinco expositores galegos, portugueses e asturianos presentarán no Claustro da Catedral acollerá máis de 125 metros cadrados dedicados a esta flor O Claustro...

Mos avanza nas reunións veciñais cun rexeitamento rotundo á nova A52 noutra sesión informativa...

0
Tras as reunións coas parroquias de Sanguiñeda, Petelos e Tameiga, hoxe celebrouse unha nova xuntanza con Pereiras. Existe previsión de ampliar nos días 22, 27...

O BNG esixe melloras urxentes en dúas estradas municipais en mal estado

0
Davinia Lojo reclama ao Concello de Marín actuacións inmediatas en Macenlle-A Moreira e Arealonga para garantir a seguridade viaria e mellorar a mobilidade da...

O alcalde de Nigrán recomenda ao deputado popular José Luis Ferro a lectura do...

0
Juan González, rexedor de Nigrán e historiador experto na Guerra Civil, ten documentado xunto a Antonio Caeiro e Clara de Saá fusilamentos e centos...

O Porriño contará cunha Sala Lúdica Municipal permanente e con novas instalacións para o...

0
O novo local, situado na contorna do Centro de Saúde e o Pavillón Municipal, foi adquirido recentemente polo Concello por un importe de 169.183,79...

Publicacións Relacionadas