Home Xunta de Galicia A Xunta convoca a batería máis de medidas para apoiar aos...

A Xunta convoca a batería máis de medidas para apoiar aos autónomos a través dunha orde única de máis de 40M€ aportando pola simplificación administrativa

- Anuncio -
  • O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a primeira convocatoria unificada para autónomos co gallo de axilizar a tramitación de achegas e avanzar na redución da carga burocrática e que prevé beneficiar 8.700 traballadores por conta propia
  • As cinco liñas englobadas na orde estimulan desde o inicio de actividade —con apoios que inclúen a cota cero— á súa consolidación e mantemento —co Bono Autónomo e Bono Remuda—, ademais de axudas para conciliar e o Bono Nova Oportunidade
  • Entre as novidades, e dentro da aposta por facilitar a transmisión de negocios rendibles no territorio, o Bono Remuda engadirá axudas para os autónomos que traspasan o negocio por xubilación, ademais das incluídas para quen asume a empresa
  • A maiores, hoxe tamén se publica a orde de 1,35 M€ para apoiar a contratación do primeiro, segundo e terceiro traballador por parte de autónomos, cun bono de contratación e outro de formación compatibles entre si

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde que unifica máis de 40,7 millóns de euros en axudas específicas para o colectivo de autónomos coa finalidade de axilizar a súa tramitación e resolución e avanzar na simplificación administrativa. Trátase de cinco programas cos que se prevé beneficiar preto de 8.700 persoas que inicien a actividade ou que xa estean a desenvolvela.

Deste xeito, os programas que inclúe esta convocatoria única van desde o inicio da actividade —como o programa de promoción do emprego autónomo e da cota cero— aos de consolidación e mantemento da actividade —Bono Autónomo e Bono Remuda—. Tamén incorpora os apoios á conciliación e o Bono Nova Oportunidade. Hoxe tamén se publica a orde para apoiar a contratación do primeiro, segundo e terceiro traballador por parte de autónomos, con dúas liñas compatibles entre si.

Precisamente co obxectivo de informar sobre estes apoios, o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou esta mañá nunha nova xuntanza da Mesa do Emprego Autónomo, na que debullou as ordes dispoñibles, no marco do compromiso da Xunta co impulso estratéxico deste sector.

Orde unificada

Dentro da convocatoria única que se publica por primeira vez, 28,9 M€ son para o programa de promoción do emprego autónomo que ten dúas liñas: unha para impulsar o inicio da actividade e o mantemento de emprego dos autónomos e outra coa que se garante a cota cero durante 12 meses de actividade.

No caso do Bono Autónomo, destinado á mellora da competitividade dos negocios, contará con 8 M€. Neste caso, como novidade, amplíase o período dos gastos subvencionables abarcando o último trimestre do ano anterior ao de solicitude da axuda. Mentres, para o Bono Nova Oportunidade —co que se apoian os autónomos que desexan volver emprender tras o cesamento de actividade— consígnanse 1,5 M€.

Canto ao Bono Remuda (máis de 1,2 M€), introdúcense novidades dentro da aposta por facilitar a transmisión de negocios rendibles para favorecer a vertebración do territorio. Así, engádense —ás xa incluídas para quen asume a empresa— axudas para quen traspasa por xubilación. A achega será de 6.000 euros para os negocios situados en concellos de menos de 10.000 habitantes (Bono remuda rural) ou de 3.000 euros para os localizados en municipios de máis de 10.000 habitantes (Bono remuda xeral).

Por último, a orde inclúe o programa de conciliación (1 M€) e tres liñas para apoiar a contratación, por parte dos autónomos, dunha persoa desempregada para cubrir a súa baixa de maternidade ou paternidade, ou por risco polo embarazo ou a lactancia, e para o coidado de menores, maiores ou dependentes. A terceira liña prevé financiar servizos de coidado para as persoas ao cargo do profesional autónomo. O prazo para presentar solicitudes no marco desta orde única será do 24 de xaneiro ao 30 de setembro de 2025.

Axudas para a contratación indefinida

Sobre as axudas para favorecer a contratación indefinida por parte dos autónomos, destínanse 1,35 M€ cos que se prevé beneficiar case 140 persoas desempregadas. Para apoiar a contratación do primeiro, segundo e terceiro traballador, inclúense dúas liñas compatibles entre si: o bono de contratación e o bono de formación. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o 24 de xaneiro ata o 30 de setembro. As contías base poderán incrementarse nun 15%, acumulables entre si, se a persoa contratada é unha muller nunha profesión ou oficio no que o sexo feminino estea subrepresentado, se é maior de 45 anos ou se o centro de traballo está no rural.

Orde única: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250117/AnuncioG0767-271224-0013_gl.html

Convocatoria para o fomento da contratación: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250117/AnuncioG0767-271224-0011_gl.html

Relacionadas

Un total de 147 asociacións de nais e pais que xestionan comedores escolares acceden ás axudas...

0
— O Goberno galego reforzou nos últimos anos esta liña, o que fai que estas asociacións reciban hoxe case o tripo do importe que...

A Xunta salienta o seu esforzo na posta en valor e mellora da área...

0
Ángeles Vázquez destaca entre as melloras acometidas os máis de 160.000 € investidos en accións de mellora da vexetación de ribeira e eliminación de...

Galicia rexistrou en 2024 o terceiro ano máis cálido das últimas seis décadas

0
— Ángeles Vázquez explica que 2024 se caracterizou por ser un período extremadamente cálido e húmido — A temperatura media rexistrada foi de 14,7 graos...

López Campos anuncia a licitación por máis de 300.000€ das obras de restauración do...

0
Adianta que a actuación contará cun prazo de execución previsto de 6 meses e está dirixida a resolver as patoloxías causadas polas humidades que...

López Campos anima a veciñanza de Coristanco a gozar das novas instalacións da Biblioteca Municipal

0
— A Xunta destina, mediante convenio co Concello, 100.000€ para a reforma e ampliación do espazo, a metade do orzamento — O conselleiro de Cultura,...

A Xunta promove cun xogo a vocación emprendedora nas aulas de secundaría e alenta...

0
Esta ferramenta foi desenvolvida pola editorial de xogos de mesa Buscalume, un proxecto empresarial asesorado pola Rede de polos de emprendementoJosé González destacou que...

Publicacións Relacionadas