- Os membros da Vicesecretaría, que preside Antonio Rodríguez Miranda, planificaron a actividade a desenvolver en 2025, co obxectivo de realizar un estreito seguimento da realidade dos máis de 100.000 ourensáns que residen no exterior, así como da gran cantidade de retornados que hoxe volven a residir na provincia para axudalos nas súas necesidades
O PP de Ourense reclamará ao Estado que remate coa “inacción” na axuda aos retornados e unha maior axilidade nos prazos de concesión de permisos de residencia. Estas foron dúas das cuestións analizadas na reunión que mantivo a Vicesecretaría de Emigración do PP ourensán, que preside Antonio Rodríguez Miranda, encontro no que se planificou a actividade a desenvolver en 2025. O obxectivo é realizar un estreito seguimento da realidade dos máis de 100.000 ourensáns que residen no exterior, así como da gran cantidade de retornados que hoxe volven a residir na provincia para axudalos nas súas necesidades.
Miranda destacou que a Vicesecretaría tamén se ocupará de “entender e atender” as necesidades e demandas da nova poboación ourensá e as súas familias que, sen ser españolas, chegaron de diferentes partes do mundo, sobre todo de América, e que xa son parte da sociedade da provincia.
Nesta liña, os membros da Vicesecretaria de emigración terán encontros periódicos cos distintos colectivos e desenvolverán actividades informativas e de reflexión que permitan axudar a resolver as problemáticas que mais os preocupan.
O capítulo de reivindicacións tamén estará presente, de tal xeito que desde o PP de Ourense reclamarase ao Estado unha mellora dos procedementos e sobre todo dos prazos na concesión de permisos de residencia, problema que impide a estas familias a súa incorporación con normalidade nos diferentes ámbitos da sociedade. Desde a propia Vicesecretaría constátase, a través de testemuñas, situacións de irregularidade no acceso a estes servizos que os responsables do Estado na provincia deberían corrixir.
Tamén pedirase ao Estado que actúe para axudar aos retornados. A administración galega xa presta este servizo cun “importante esforzo e claro compromiso político”, subliñan os membros da Vicesecretaría, suplindo a “inacción” do Estado, que ten a práctica totalidade das competencias en materia de retorno, é dicir, que ten a obriga xurídica de facelo e sen embargo non está actuando.