Home Deputacións Deputación Ourense Luis Menor aposta por consolidar a colaboración en materia de Emerxencias e...

Luis Menor aposta por consolidar a colaboración en materia de Emerxencias e Protección Civil “o que convirte á nosa provincia nunha das máis seguras”

- Anuncio -

O presidente provincial comprométese a continuar a colaboración da Deputación coas agrupacións de voluntarios de Protección Civil, mantendo as axudas implementadas en 2024 para gastos de funcionamento e reforzando accións de promoción e divulgación do seu importante labor

O presidente provincial, Luis Menor, mantivo unha reunión de traballo co presidente da Asociación Provincial de Voluntarios de Protección Civil, Clemente Pérez, así como co xefe do servizo da área de Emerxencias da Xunta de Galicia na provincia de Ourense, José Olivier Reboredo

A reunión serviu avaliar as accións realizadas no pasado ano, no que por primeira vez a Deputación Provincial implementou unha liña de axudas para gastos de organización e funcionamento a agrupacións de voluntarios de Protección Civil “e que serviron para cubrir prácticamente todas as demandas realizadas desde toda a provincia”, salientou Menor. Precisamente, as axudas a Protección Civil enmárcanse nas catro novas liñas de subvencións postas en marcha polo goberno provincial no pasado ano para concellos e colectivos de diversos ámbitos. No caso concreto das achegas ás agrupacións de voluntarios de Protección Civil, destináronse preto de 70.000 € para case medio cento de grupos.

De feito, acordouse na reunión continuar con esta liña de axudas durante este ano, así como colaborar con outros eventos como poden ser a xornada de convivencia anual, unha das máis importantes que se celebran no país.

Tamén a Deputación cooperará con accións dirixidas á concienciación e divulgación sobre a importancia de Protección Civil en Ourense, colaborando activamente a institución provincial con xornadas para fomentar o voluntariado neste eido.

En definitiva, Luis Menor destacou, logo de analizar a situación de Protección Civil en Ourense, “o alto grao de colaboración entre administracións” que existe actualmente en materia de Emerxencias, dado que, segundo os datos deste servizo, a provincia é “unha das máis seguras de España”, polo que Menor ratificou que “desde a Deputación continuaremos con esta colaboración e intensificarémola na medida das nosas posibilidades”.

Relacionadas

A Deputación ultima o prazo para que os concellos soliciten actuacións no marco do...

0
Os 59 concellos beneficiarios dos 8 millóns de euros mobilizados pola Deputación poden presentar os seus proxectos ata o próximo mércores 22 de xaneiro A...

A Deputación leva a cinco centros de ensino os obradoiros de sensibilización do programa...

0
Centros de Cerdedo-Cotobade, Mos, Pontevedra e Vigo participarán nas accións, nas que recibirán formación sobre educación sexo-afectiva, padróns sexistas e redes sociais A Deputación de...

Luis López e Rafa Domínguez convidan a visitar o Museo de Pontevedra para descubrir,...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente e a directora do Museo, Ángeles Tilve, visita a exposición dedicada á obra do artista nacido en Rianxo,...

O PP de Ourense reclama ao Estado que remate coa “inacción” na axuda aos...

0
Os membros da Vicesecretaría, que preside Antonio Rodríguez Miranda, planificaron a actividade a desenvolver en 2025, co obxectivo de realizar un estreito seguimento  da...

O Centro Cultural Marcos Valcárcel achega a Ourense as “criaturas” do artista andaluz Fran...

0
O deputado de Cultura e vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, participou na inauguración da mostra “39: De sur a norte en...

A Deputación subvenciona a San Sadurniño con 29.000 euros para o financiamento do persoal...

0
O BOP deste venres 17 de xaneiro publica as resolucions sobre a concesión de varias axudas dirixidas aos concellos da provincia. Neste sentido, San...

Publicacións Relacionadas