Home A Coruña Carballo, presente nos dous grandes eventos dos sectores turístico e gastronómico que...

Carballo, presente nos dous grandes eventos dos sectores turístico e gastronómico que se celebran este mes en Madrid

- Anuncio -

O pan de Carballo “viaxará” polo mundo desde o stand da Deputación da Coruña en Fitur, e dúas empresas locais acoden a Madrid Fusión

Carballo terá presenza, a través da Deputación da Coruña, nos dous grandes eventos para profesionais dos sectores turístico e gastronómico que se celebran neste primeiro mes do 2025 na capital do Estado: Fitur, do 22 ao 26, e Madrid Fusión, do 27 ao 29. 

Na Feira Internacional de Turismo, a máis importante do sector que se celebra no Estado, o pan de Carballo ocupará un lugar destacado na presentación da nova campaña de promoción impulsada desde a Deputación polo seu vicepresidente, Xosé Regueira, responsable tamén da área de Turismo tanto a nivel provincial coma local. “Fitur 2025 marcará un fito moi importante, pois alí lanzaremos a nosa nova campaña de turismo, que pon o foco na gastronomía e no territorio”. Segundo explicou, a campaña está aliñada coa estratexia de turismo sostible da Deputación, promovendo a preservación do medio ambiente e impulsando o sector agroalimentario como elemento clave para un turismo de calidade. Regueira resaltou tamén que a campaña será “innovadora e inesperada, sen deixar a ninguén indiferente”. 

Na presentación do proxecto “A Coruña, turismo sostible”, prevista para o primeiro día de Fitur ás 13.00 horas, farase entrega dunhas bolsas promocionais que levarán un molete de pan de Carballo.

Ao día seguinte, o noso concello volverá ter protagonismo na xuntanza da Rede de pobos do surf, que aproveitará a celebración de Fitur para reunir aos concellos que a integran: Getxo (Euskadi), Ribamontán al Mar (Cantabria), Castrillón (Asturias) e a Mancomunidade da comarca de Ferrol e Carballo, en Galicia. O obxectivo desta rede, que conta xa con imaxe propia e segue avanzando nos proxectos previstos, é a xestión sostible do turismo de surf dun xeito integral, fomentando a protección das ondas e da costa e a súa regulación, promovendo o patrimonio cultural e creando novos produtos turísticos que contribúan á desestacionalización.Ademais do concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Regueira, nestes dous eventos de Fitur estará presente a técnica de Turismo do Concello de Carballo, Maite Parga, que o día 27 tamén asistirá a Madrid Fusión, que celebra o seu 30º aniversario cun programa excepcional que pon en valor a restauración, a gastronomía e o produto local. Carballo estará representado na cita por dúas empresas que comparten ese espírito de Madrid Fusión: Costumes, que se dedica á elaboración de empanadas artesás e que ten a súa sede no polígono de Bértoa, e La Despensa D’Lujo, que comercializa produtos agrícolas de primeira calidade desde Carballo.

Relacionadas

Miño amplía o servizo de Xantar na Casa de 10 a 15 persoas beneficiadas

0
O renovado convenio de colaboración co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar asegura a continuidade do programa ata 2028. O Concello de Miño...

Protección Civil de Bergondo pecha 2024 con máis dun milleiro de actuacións

0
· O 40% das intervencións eran de emerxencia e risco. A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) de Bergondo acaba de presentar o balance...

Extinguido un lume nun cadro eléctrico nas Salgueiras, Concello de Coristanco

0
Os bombeiros do parque Provincial de Carballo acudiron As Salgueiras, parroquia de Seavia no concello de Coristanco por un aviso dun incendio dun cadro...

Éxito de público na apertura do novo supermercado de Donaya Market Ramen na Grela,...

0
● Con máis de 400 metros cadrados, este establecemento é o supermercado asiático máis grande da Coruña. ● Ofrécense produtos, frescos, refrixerados, conxelados e envasados...

As parroquias trasladan ao PP de Sada as súas demandas

0
O Partido Popular de Sada reuniuse o pasado xoves con representantes das oito parroquias do municipio para escoitar as demandas e suxestións destes colectivos,...

Avanzan as obras de reurbanización de Pla y Cancela, que o luns entran nunha...

0
Xa están rematadas as beirarrúas e instalado o arboredo na parte da baixa da rúa. O luns os traballos de renovación do firme obrigarán...

Publicacións Relacionadas