Home A Coruña Avanzan as obras de reurbanización de Pla y Cancela, que o luns...

Avanzan as obras de reurbanización de Pla y Cancela, que o luns entran nunha nova fase coa renovación do firme

- Anuncio -

Xa están rematadas as beirarrúas e instalado o arboredo na parte da baixa da rúa. O luns os traballos de renovación do firme obrigarán ao corte ao tráfico da rúa durante seis semanas

O Concello comenza o luns da vindeira semana unha nova fase dos traballos de reurbanización da rúa Pla y Cancela, que suporán a ampliación das zonas peonís, así como a renovación da rede de recollida de augas residuais, a creación dunha nova rede de recollida de augas pluviais nun tramo de Juan Castro Mosquera, novo arboredo e especies vexetais e a instalación de novo mobiliario urbano. Esta actuación enmárcase dentro da estratexia do Goberno de Inés Rey de dotar os barrios da Coruña de novos espazos urbanos de calidade centrados no seu uso peonil.

As novas beirarrúa e arboredo xa están instalados na parte baixa da rúa, na zona de Inés de Castro e Cuesta da Unión. A renovación do firme da rúa comezará o vindeiro luns, o que obrigará ao corte ao tráfico da mesma durante un período estimado de seis semanas. Mentres se leven a cabo os traballos de formigonado nesa parte da rúa, seguirase coa construción de novas beirarrúas e instalación de arboredo na parte alta, desde Inés de Castro cara a rolda de Nelle e avenida de Arteixo.
Mentres duren os traballos permitirase o tránsito de viandantes polos itinerarios marcados e tamén saída e acceso a garaxes situados na rúa.

Na rúa Pla y Cancela estanse a ampliar as beirarrúas para mellorar a súa accesibilidade nas zonas de máxima pendente. Concretamente, trabállase no tramo comprendido entre os números 26 e 28, así como no cruzamento coa rúa Juan Castro Mosquera e nos pasos de cebra de dito espazo, elevándose ata un total de seis. Para mellorar a accesibilidade manteranse os aparcadoiros en liña en ambas as marxes entre os cruzamentos de Juan Castro Mosquera e Costa da Unión. Por outra banda, crearanse novos aparcadoiros na rúa Juan Castro Mosquera, que pasará a ser dun só sentido de circulación e estacionamento en batería e ambas as marxes. Tamén se renovará o pavimento de toda a rúa.

Por outra banda, a rede de saneamento de augas residuais está xa renovada, tanto en Pla y Cancela como na rúa Juan Castro Mosquera. Nesta última tamén se creará unha rede separativa de recollida de augas pluviais. No cruzamento entre Pla y Cancela con Juan Castro Mosquera simplificarase a incorporación de vahiculos e crearase unha estancia pública con novas zonas verdes e mobiliario. Tamén se mellorará a accesibilidade e seguridade das paradas do autobús con nova sinalización na vía e a ampliación da beirarrúa. Tamén se ampliarán as ablaqueacións do arborado existente para evitar o levantamento das beirarrúas e se instalarán novos bancos ao longo de Pla y Cancela.

A superficie total ma que se está a actuar é de 6.500 metros cadrados, ascendendo as zonas verdes e beirarrúas a 3.170 e a calzada a 3.400 metros cadrados. O orzamento ascende a 1,1 millóns de euros, financiados a través de fondos europeos Next Generation.

Relacionadas

Miño amplía o servizo de Xantar na Casa de 10 a 15 persoas beneficiadas

0
O renovado convenio de colaboración co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar asegura a continuidade do programa ata 2028. O Concello de Miño...

Protección Civil de Bergondo pecha 2024 con máis dun milleiro de actuacións

0
· O 40% das intervencións eran de emerxencia e risco. A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) de Bergondo acaba de presentar o balance...

Extinguido un lume nun cadro eléctrico nas Salgueiras, Concello de Coristanco

0
Os bombeiros do parque Provincial de Carballo acudiron As Salgueiras, parroquia de Seavia no concello de Coristanco por un aviso dun incendio dun cadro...

Éxito de público na apertura do novo supermercado de Donaya Market Ramen na Grela,...

0
● Con máis de 400 metros cadrados, este establecemento é o supermercado asiático máis grande da Coruña. ● Ofrécense produtos, frescos, refrixerados, conxelados e envasados...

As parroquias trasladan ao PP de Sada as súas demandas

0
O Partido Popular de Sada reuniuse o pasado xoves con representantes das oito parroquias do municipio para escoitar as demandas e suxestións destes colectivos,...

A primeira sesión do ano de Poetas Di(n)versos contará coa suíza Jessica Zuan e...

0
A sesión celebrarase este luns 20 ás 20.00 horas no auditorio do Centro Sociocultural Ágora Este luns, 20 de xaneiro, celébrase a primeira sesión do...

Publicacións Relacionadas