Home Xunta de Galicia A Xunta asesorará en materia de residuos ás entidades municipais para facilitar...

A Xunta asesorará en materia de residuos ás entidades municipais para facilitar a cooperación institucional co obxectivo de avanzar cara a unha economía circular

- Anuncio -
  • Ángeles Vázquez avanza a posta en marcha dunha oficina específica de asesoramento técnico especializado para axilizar trámites
  • Incide en que a Xunta está ao carón dos concellos poñendo á súa disposición as ferramentas que sexan precisas para desenvolver un modelo máis sostible e eficiente na xestión dos residuos
  • Apela á corresponsabilidade de todas as administracións para traballar unidos de cara a ofrecer o mellor servizo á cidadanía e avanzar cara ao cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030

A Xunta de Galicia asesorará en materia de residuos ás entidades municipais para facilitar a cooperación entre administracións co obxectivo de avanzar cara a unha economía circular.

Durante a clausura da xornada de presentación das axudas para 2025 en materia de residuos municipais, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, avanzou a posta en marcha dunha oficina específica de asesoramento técnico especializado en materia de residuos municipais para axilizar os trámite e facilitar a relación das diferentes entidades coa Xunta e avanzar na sostibilidade, na economía circular e na protección ambiental.

Logo de lembrar que o Goberno galego prevé presentar no Parlamento antes de que remate o verán a futura Lei de administración ambiental simplificada, a conselleira incidiu en que a Xunta está “ao carón dos concellos” poñendo á súa disposición as ferramentas que sexan precisas para desenvolver un modelo máis sostible e eficiente na xestión dos residuos.

Nesa liña, Ángeles Vázquez puxo en valor a xornada celebrada hoxe en Santiago de Compostela, na que representantes da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade explicaron de xeito práctico as diferentes liñas de axudas que convocou a Xunta para este ano 2025 nesta materia.

Máis polo miúdo, o Goberno galego destina 9,2 millóns de euros a unha liña de apoios destinada á recollida separada de biorresiduos e residuos especiais como aceites ou téxtiles e, por outra banda, as entidades locais poden optar a outros 2,5 millóns de euros para subvencionar a construción ou mellora de puntos limpos e de instalacións de preparación para a reutilización  e/ou autorreparación de residuos domésticos recollidos separadamente.

A maiores, a conselleira fixo fincapé en que esta xornada tamén foi unha boa oportunidade para coñecer as inquedanzas das entidades locais, así como para recoller información de interese e intercambiar experiencias e propostas de cara ao futuro.

Para concluír, Ángeles Vázquez apelou á corresponsabilidade de todas as administracións para “traballar unidos” de cara a ofrecer o mellor servizo á cidadanía e avanzar cara ao cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030.

Relacionadas

Belén do Campo destaca a boa acollida das axudas da Xunta a concellos e particulares para a corrección de...

0
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático convocou por quinto ano esta orde de subvencións que conta cun orzamento de dous millóns de...

A Xunta destaca o proxecto Amodo como exemplo de novas fórmulas de comercialización do...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron hoxe en Ourense a...

A Xunta destaca o papel do patrimonio cultural galego como motor de vertebración do...

0
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, xunto coa alcaldesa do concello de Castro Caldelas, Sara Inés Vega, asistiu hoxe á inauguración...

O prazo de presentación de solicitudes das axudas de Medio Rural para as Asociacións...

0
― O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, puxo hoxe en valor estas achegas, dotadas cun orzamento de 2,28 millóns...

A Xunta reforza o apoio aos concellos con máis de 5,6 M€ para a...

0
A conselleira destacou que o investimento para sufragar os custos de persoal dos CIMS aumenta este ano un 12% con respecto ao 2024Fabiola García...

Rueda recibe a usuarios do Centro Juan María, referente no eido da inclusión das...

0
Membros da asociación fixéronlle entrega ao presidente do cadro que adquiriu na celebración do 40 aniversario do centro O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, recibiu...

Publicacións Relacionadas