Home Pontevedra Redondela ofrece unha ampla programación cultural con Tanxarina, o VII Ciclo de...

Redondela ofrece unha ampla programación cultural con Tanxarina, o VII Ciclo de Teatro Infantil e o mellor humor

- Anuncio -

– A programación inclúe a VII edición de Humor na Súa Tinta, coa actuación mañá sábado do polifacético Miguel Miguel co espectáculo “Acojonado”, e 7 de febreiro será a quenda do monologuista Luis Álvaro. Un dos grandes protagonistas da proposta cultural do Concello é Xosé A. Touriñán co monólogo “Aquí Tou!”, o 16 de febreiro.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e a concelleira de Cultura, Rita Pérez Táboas, presentaron a programación cultural deste inverno xunto ao elenco da obra teatral “Territorios de Liberdade”, unha coprodución do grupo redondelán Tanxarina, Companhia Certa, de Portugal e o Centro Dramático Galego. Como cada ano, a oferta cultural para este trimestre reúne un amplo e variado cartel de actividades para todos os públicos “con protagonismo para os artistas locais, e tamén para grupos e e artistas de recoñecido prestixio”, sinala a alcaldesa Digna Rivas.

A programación inclúe a VII edición de Humor na Súa Tinta, coa actuación mañá sábado do polifacético Miguel Miguel co seu monólogo “Acojonado”. A cita promete humor, risas, chistes e incluso maxia dentro dun mesmo show. Outra das propostas é o o XI Ciclo de Teatro de Chapela, que organizan a Asociación Cultural e Social de Chapela e o Concello. Pérez Táboas sinala que este ciclo permite ampliar a oferta cultural á parroquia de Chapela con catro representacións teatrais. Mañá sábado actuará o grupo Lúa Chea, de Poio, coa obra “RESART, residencia de artistas”.

O 26 de xaneiro arranca o VII Ciclo de Teatro Infantil coa obra “Compaña”, que fusiona circo e marionetas, da compañía “Xampatito Pato”.O ciclo complétase con “Ándale! Bon appétit!” do grupo Ghazafellos o 23 de febreiro,”Castelao” da compañía Culturactiva o 23 de marzo, e “A teteira de Kabul” de Xarope Tulú o 4 de maio. Todas as representacións do Ciclo de Teatro Infantil serán no auditorio da Xunqueira ás 18.00 horas.

No mes de febreiro o auditorio da Xunqueira acollerá a obra “Territorios de Liberdade”, unha coprodución do grupo redondelán Tanxarina, Companhia Certa, de Portugal, e o Centro Dramático Galego. Este novo espectáculo, no que participan os redondeláns Luis Borines, Andrés Giráldez e Tatán, reflexiona sobre a liberdade cunha posta en escena que celebra o 50 aniversario da Revolución dos Caraveis. Será o día 15 ás 20.00 horas. O domingo 16 de febreiro o protagonista será o actor galego Xosé Antonio Touriñán, co monólogo “Aquí Tou!”, as 19.00 horas.

Outras proposta desta programación cultural son os concertos de Abeleiras, o 25 de xaneiro, Airiños da Peneda, o 22 de febreiro, Trobeiros da Ponte o 29 de marzo e Airiños do Mar de Teis, o 12 de abril.

Redondela contará tamén cunha programación especial de Entroido do 1 ao 4 de marzo, e en Chapela o Entroido será 8 de marzo.

Relacionadas

Redondela presenta ao comercio local o plan para facer peonil o casco histórico

0
- A restrición do tráfico nas rúas Praza da Constitución, Telmo Bernárdez e Figueiral busca “mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas,...

Luis López salienta a inxección de 1M€ da Deputación para facer “máis sustentable, accesible...

0
O presidente provincial, acompañado polo alcalde e deputado Roberto Carrero, visita as obras de reforma integral que se están a executar no Bloque I...

O BNG de Vigo afea a impostura do PP coa nova A-52: “Din rexeitala...

0
A fronte nacionalista pide aos populares que “deixen de xogar á confusión” coa ampliación da autovía, lembrando que non se opuxeron á aprobación provisional...

O Concello de Mos optará a unha liña de crédito da Xunta para acometer...

0
A Comunidade de Propietarios desta urbanización privada reembolsaría a posteriori, en diversas cuotas, a inversión realizada, para así liquidar o préstamo A alcaldesa de Mos,...

O PP profunda no aumento das cifras de criminalidade en Pontevedra e relaciónao coa...

0
• Pardo solicita a activación do Consello Local de Seguridade para que “se adopten medidas urxentes para reverter o incremento de delitos”, ao mesmo...

A Xunta avanza para copletar este verán a humanización da Avenida de Galicia no...

0
― A Administración autonómica está a actuar nun treito de 2 quilómetros para impulsar a mobilidade segura e sostible e que suporán un investimento...

Publicacións Relacionadas