Home Pontevedra Soutomaior renova o convenio coa Banda de Música Artística de Arcade

Soutomaior renova o convenio coa Banda de Música Artística de Arcade

- Anuncio -

O concello de Soutomaior acaba de asinar un novo convenio coa Banda de Música por valor de 40 mil euros. Con este convenio o Goberno Local fai un importante esforzo económico co fin de apoiar tanto a Banda Artística de Arcade como a Escola de Música.

Manu Lourenzo, alcalde de Soutomaior, e o Presidente da Banda de Música Artística de Arcade, José Manuel Maía, asinaron nesta xornada o seu convenio anual. Un convenio de 40 mil euros que ten como obxectivo axudar ao financiamento da Banda Artística de Arcade e garantir a permanencia da Escola de Música que leva moitos anos ensinando as habilitades musicais, a comprender e interpretar a música, e a tocar un instrumento musical ás cativas e cativos do concello.

Tal e como dixo o alcalde nesta xornada “trátase dunha Escola viva e dinámica que permite que en Soutomaior teñamos a posibilidade de formar musicalmente a centros de nenas e nenos”.

A Banda Artística de Arcade, a terceira máis antiga de Galiza, cumpre o 6 de agosto deste 2025 nada máis e nada menos que 157 anos, ao longo da súa historia pasou por momentos difíciles, por este motivo dende o Goberno de Soutomaior queren, con este convenio, facilitar a xestión e o día a día da Banda.

Mediante este convenio se pacta coa Banda levar a cabo distintas actuacións no concello como poden ser o concerto de Nadal, a Festa da Ostra, o memorial Carlos Abal e outras actuacións que se fan ao longo do ano. Tanto o concello como a Banda amosáronse moi satisfeitos cos resultados que este convenio obtivo no pasado ano.

COLABORACIÓN CON ASOCIACIÓNS E COMISIÓNS DE FESTAS

No convenio tamén se contempla unha partida de 5000 euros para que as diferentes asociacións e comisións de festas do concello teñan unha axuda á hora de contratar a Banda Artística e, desta maneira, calquera asociación que formalice esta petición terá ao seu dispor 500 euros para contribuír a que a Banda Artística teña presenza nas diferentes festas e eventos sociais do concello.

Manu Lourenzo, alcalde de Soutomaior, lembrou esta mañá que “a Banda Artística de Arcade é un orgullo para Soutomaior xa que despois de 157 anos continúa a levar o nome de Arcade por todos os concellos da contorna, pero ademais faino cunha calidade e excelencia musical que nos sitúa como unha das mellores bandas do país”. Lourenzo ten claro que “é obriga de calquera administración contribuír a que estas Bandas sigan existindo e medrando xa que educaron musicalmente a xeracións e xeracións de veciños dende hai máis dun século”.

Relacionadas

Oito alumnos de albanelería e o experto docente acondicionan unha vivenda municipal na estación...

0
O alcalde Ricardo Martínez, e a directora do Obradoiro de Emprego Xuvenil, María del Carmen Vidal, comprobaron o avance dos traballos que levan a...

A Real Academia Galega e o Museo de Pontevedra lembran esta tarde a Marcial...

0
· A musicóloga Laura Touriñán, autora do volume Marcial del Adalid e o seu legado na Real Academia Galega, presenta o libro ás 19:00...

O PSOE rexeita unha moción do BNG para paliar os efectos das enchentas...

0
Sol Seoane insta a xestionar o río coas premisas científicas e técnica deste século, avogando por facer un estudo técnico que permita eliminar  a...

A Oficina de Coordinación de Transplantes da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés...

0
― En concreto, asumíronse as doazóns de dous pulmóns, un fígado, seis riles e as ditas dúas córneas ― Nesta área sanitaria foron detectados tres...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables á Estrada e Lalín para...

0
O deputado provincial Javier Tourís reuniuse con Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada, e José Crespo, de Lalín, con motivo da visita da oficina móbil...

Baiona homenaxea aos campións do mundo de dardos

0
Iago Farto e Mauro Pazos, ambos os residentes en Baiona e, coñecidos no ámbito competitivo como Trafalgar e Mauro, lograron o título de campións...

Publicacións Relacionadas