Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López e Rafa Domínguez convidan a visitar o Museo de Pontevedra...

Luis López e Rafa Domínguez convidan a visitar o Museo de Pontevedra para descubrir, con motivo do Ano Castelao, a colección “máis ampla” sobre o galeguista

- Anuncio -

O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente e a directora do Museo, Ángeles Tilve, visita a exposición dedicada á obra do artista nacido en Rianxo, que está aberta ao público de xeito gratuíto no edificio Castelao do Museo de Pontevedra

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e o vicepresidente Rafa Domínguez convidan a toda a cidadanía da provincia a achegarse este ano ao Museo de Pontevedra para descubrir, con motivo da conmemoración do ano Castelao, a colección máis ampla que existe sobre a obra do galeguista. A institución provincial alberga unha colección de 1.834 pezas relacionadas coa vida e obra do intelectual nacido en Rianxo, moitas delas están expostas en dúas salas do edificio do Museo de Pontevedra que leva o seu nome.

Os fondos do Museo de Pontevedra contan coa maior parte da obra producida por Castelao, incluídos numerosas obras orixinais asinadas polo galeguista. Todas as persoas que visiten a exposición poderán descubrir pezas de especial interese como as súas obras iniciais, datadas na primeira década do século pasado antes da súa chegada a Pontevedra, as súas coñecidas estampas, así como os orixinais dos albumes NÓS ou a súa produción no exilio.

Cada martes ás 18 horas, o Museo de Pontevedra organiza visitas guiadas gratuítas, con inscrición previa na páxina web do Museo, á exposición dedicada ao intelectual galeguista con motivo da conmemoración do Ano Castelao. Un percorrido que xa realizou o presidente Luis López, acompañado polo vicepresidente e responsable do Museo de Pontevedra, Rafa Domínguez, guiados pola directora do Museo, Ángeles Tilve. “O Museo de Pontevedra garda numerosos e valiosos tesouros, un dos máis interesantes é o relacionado con Castelao e paga a pena descubrilo”, sinala o dirixente provincial para convidar a toda a veciñanza a visitar a exposición.

Relacionadas

O Concello de Marín traballa nun Plan de Actuación para concorrer aos novos fondos...

0
Esta nova convocatoria, que ten de prazo ata o 28 de febreiro, está centrada na recuperación ambiental, social e económica de barriadas e na...

O Mosaico Romano de Panxón emprende o seu viaxe definitivta t Nigrán tras case...

0
A peza, atopada á venda no 2018 nun anticuario de New York, foi entregada hoxe ao Concello nun acto oficial na galería Colnaghi de...

O BNG reforza a súa dirección local co reto de sumar máis apoios á...

0
A fronte nacionalista reelixe por unanimidade á deputada Carmela González como responsábel local e amplía a dirección co obxectivo de situar o Bloque como...

A Deputación ultima o prazo para que os concellos soliciten actuacións no marco do...

0
Os 59 concellos beneficiarios dos 8 millóns de euros mobilizados pola Deputación poden presentar os seus proxectos ata o próximo mércores 22 de xaneiro A...

Redondela avanza para a aprobación provisional do PXOM

0
O Concello xa conta cos informes emitidos polas diferentes administracións que deben informar o PXOM. Neste trimestre celebrarase reunións coas Direccións Xerais de Urbanismo,...

A Deputación leva a cinco centros de ensino os obradoiros de sensibilización do programa...

0
Centros de Cerdedo-Cotobade, Mos, Pontevedra e Vigo participarán nas accións, nas que recibirán formación sobre educación sexo-afectiva, padróns sexistas e redes sociais A Deputación de...

Publicacións Relacionadas