Home Pontevedra Redondela avanza para a aprobación provisional do PXOM

Redondela avanza para a aprobación provisional do PXOM

- Anuncio -
  • O Concello xa conta cos informes emitidos polas diferentes administracións que deben informar o PXOM. Neste trimestre celebrarase reunións coas Direccións Xerais de Urbanismo, Mobilidade e Patrimonio da Xunta de Galicia, Augas de Galicia e outros organismos como Portos e Aviación Civil.
  • A alcaldesa lembra que o PXOM é un documento “que fan os técnicos, non os políticos, en base á Lei do Solo de Galicia. A Xunta de Galicia é a que finalmente ten que aprobalo”. A intención do goberno local é que a Xunta de Galicia “atenda as demandas e necesidades da veciñanza”.
  • Na reunión coa Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta trasladarán “as necesidades de Redondela e das parroquias”. A intención do goberno local é incorporar ao PXOM “todas as alegacións que tecnicamente sexa posible”. A previsión para realizar todos os trámites e resolver as alegacións, xunto co documento de aprobación provisional do PXOM polo pleno do Concello, é o primeiro semestre do 2026.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, sinala que desde o Concello de Redondela estanse a cumprir cos prazos e os trámites administrativos que marca a Xunta de Galicia para resolver o PXOM. Xa se mantiveron diferentes reunións co equipo redactor, que realizou unha clasificación e análise de todas as alegacións presentadas durante o período de exposición pública. O goberno local informou da actual situación do plan aos grupos políticos municipais “como vimos facendo ao longo de todo este proceso administrativo”, explica Rivas.
O Concello xa conta con todos os informes dos diferentes organismos que teñen que informar o PXOM. Neste primeiro trimestre do ano celebraranse reunións con todas as administracións autonómicas e estatais que teñen valorar o planeamento (Direccións Xerais de Urbanismo, Mobilidade e Patrimonio da Xunta de Galicia, Augas de Galicia, Portos e Aviación Civil). O obxectivo destas reunións, que se celebrarán neste primeiro trimestre do ano, é elaborar o documento final do PXOM conforme ás propostas das diferentes administracións. “Deste xeito poderemos axustar as demandas das alegacións presentadas durante a exposición pública”, explica Digna Rivas.
A alcaldesa lembra que o PXOM é un documento que fan os técnicos, non os políticos, en base á Lei do Solo de Galicia. A Xunta de Galicia é a que finalmente ten que aprobalo”. A intención do goberno local é que a Xunta de Galicia “atenda as demandas e necesidades da veciñanza”. “Queremos unha Redondela de futuro, na que as parroquias poidan medrar e contar cos servizos necesarios, e iso é que imos reclamar ante a Xunta”. A alcaldesa afirma que na xuntanza coa Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta trasladarán “as necesidades de Redondela e a incorporación das alegacións que queremos facer ao plan”. A intención do goberno local é incorporar ao PXOM “todas as alegacións que tecnicamente sexa posible”.
Unha vez celebradas todas as reunións técnicas elaborarase a proposta final do plan e a Memoria Ambiental, que debe enviarse ao servizo de Calidade Ambiental da Xunta. Este organismo terá que emitir a Declaración Ambiental Estratéxica. A previsión para realizar estes trámites e resolver as alegacións, xunto co documento de aprobación provisional do PXOM polo pleno do Concello, é o primeiro semestre do 2026.

Relacionadas

O Mosaico Romano de Panxón emprende o seu viaxe definitivta t Nigrán tras case...

0
A peza, atopada á venda no 2018 nun anticuario de New York, foi entregada hoxe ao Concello nun acto oficial na galería Colnaghi de...

O BNG reforza a súa dirección local co reto de sumar máis apoios á...

0
A fronte nacionalista reelixe por unanimidade á deputada Carmela González como responsábel local e amplía a dirección co obxectivo de situar o Bloque como...

A Deputación ultima o prazo para que os concellos soliciten actuacións no marco do...

0
Os 59 concellos beneficiarios dos 8 millóns de euros mobilizados pola Deputación poden presentar os seus proxectos ata o próximo mércores 22 de xaneiro A...

A Deputación leva a cinco centros de ensino os obradoiros de sensibilización do programa...

0
Centros de Cerdedo-Cotobade, Mos, Pontevedra e Vigo participarán nas accións, nas que recibirán formación sobre educación sexo-afectiva, padróns sexistas e redes sociais A Deputación de...

Luis López e Rafa Domínguez convidan a visitar o Museo de Pontevedra para descubrir,...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente e a directora do Museo, Ángeles Tilve, visita a exposición dedicada á obra do artista nacido en Rianxo,...

A vicepresidenta Luisa Sánchez participa no acto de presentación dos equipos do Celta Baloncesto...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou hoxe no acto de presentación dos equipos do Celta Baloncesto Feminino para a temporada 2024-2025....

Publicacións Relacionadas