Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación ultima o prazo para que os concellos soliciten actuacións no...

A Deputación ultima o prazo para que os concellos soliciten actuacións no marco do segundo Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas

- Anuncio -

Os 59 concellos beneficiarios dos 8 millóns de euros mobilizados pola Deputación poden presentar os seus proxectos ata o próximo mércores 22 de xaneiro

A Deputación de Pontevedra pecha o próximo mércores 22 de xaneiro o prazo para que os concellos beneficiarios do segundo Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas soliciten as axudas. Dotado de 8 millóns de euros para os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia –duplicando, polo tanto, o orzamento con respecto á súa primeira edición–, subvencionará proxectos municipais para a construción de novas instalacións e espazos públicos de uso deportivos ou a súa cuberta, así como actuacións de modernización, remodelación e mellora de instalacións e espazos xa existentes, a dotación de equipamento e material ou tamén a adquisición de terreos afectados a uso deportivo.

Os 8 millóns de euros do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas repártense entre unha parte fixa de 75.000 euros (fronte aos 20.000 euros fixos da primeira convocatoria) que recibirán automaticamente todos os concellos, ata un total de 4.425.000 euros. Os 3.575.000 euros restantes repártense, por áreas xeográficas, deste xeito: preto de 3,3 millóns de euros entre os concellos da zona de Vigo e o sur da provincia, case 1,7 millóns de euros na zona do Salnés e Arousa, máis de 1,3 millóns de euros entre os da contorna de Pontevedra, 1,1 millóns de euros nos concellos de Deza e Tabeirós-Terra de Montes e 590.000 euros na comarca do Morrazo.

As achegas do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas outorgaranse en réxime de concorrencia non competitiva, e permitirase financiar máis dun proxecto por concello. O importe mínimo dos proxectos sufragados será de 20.000 euros no caso de obras e de 6.000 euros nas subministracións, e serán compatibles tanto con outros plans de investimento da Deputación (como, por exemplo, o +Provincia) como con subvencións doutras administracións públicas.

Os 8 millóns do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas forman parte dos 91,2 millóns de euros que a Deputación de Pontevedra pon á disposición dos pequenos e medianos concellos da provincia a través de plans de investimento municipalista este 2025, xunto cos 48,2 millóns de euros do Plan +Provincia ou os 35 millóns de euros do Plan Extra. A Deputación pon en marcha este plan extraordinario tendo en conta o nivel de práctica e o grao de interese que suscita a actividade física e deportiva na sociedade da provincia. Ademais, tamén se ten en conta que dispoñer de equipamentos e instalacións deportivas contribúe a hábitos de comportamento activo na poboación, repercutindo de forma positiva na saúde, a educación, a convivencia, a igualdade ou a economía.

Relacionadas

O Mosaico Romano de Panxón emprende o seu viaxe definitivta t Nigrán tras case...

0
A peza, atopada á venda no 2018 nun anticuario de New York, foi entregada hoxe ao Concello nun acto oficial na galería Colnaghi de...

O BNG reforza a súa dirección local co reto de sumar máis apoios á...

0
A fronte nacionalista reelixe por unanimidade á deputada Carmela González como responsábel local e amplía a dirección co obxectivo de situar o Bloque como...

Redondela avanza para a aprobación provisional do PXOM

0
O Concello xa conta cos informes emitidos polas diferentes administracións que deben informar o PXOM. Neste trimestre celebrarase reunións coas Direccións Xerais de Urbanismo,...

A Deputación leva a cinco centros de ensino os obradoiros de sensibilización do programa...

0
Centros de Cerdedo-Cotobade, Mos, Pontevedra e Vigo participarán nas accións, nas que recibirán formación sobre educación sexo-afectiva, padróns sexistas e redes sociais A Deputación de...

Luis López e Rafa Domínguez convidan a visitar o Museo de Pontevedra para descubrir,...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente e a directora do Museo, Ángeles Tilve, visita a exposición dedicada á obra do artista nacido en Rianxo,...

Luis Menor aposta por consolidar a colaboración en materia de Emerxencias e Protección Civil...

0
O presidente provincial comprométese a continuar a colaboración da Deputación coas agrupacións de voluntarios de Protección Civil, mantendo as axudas implementadas en 2024 para...

Publicacións Relacionadas