Home Xunta de Galicia Rueda recibe a usuarios do Centro Juan María, referente no eido da...

Rueda recibe a usuarios do Centro Juan María, referente no eido da inclusión das persoas con discapacidade intelectual

- Anuncio -

Membros da asociación fixéronlle entrega ao presidente do cadro que adquiriu na celebración do 40 aniversario do centro

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, recibiu esta semana a usuarios do Centro Juan María, referente no eido da inclusión das persoas con discapacidade intelectual. Neste encontro fixéronlle entrega do cadro adquirido polo titular do Executivo autonómico o pasado 7 de novembro na poxa que tivo lugar na celebración do 40 aniversario desta asociación.

Rueda, que estivo acompañado pola conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, mantivo un encontro con Brian Dacuña, autor da obra que loce xa no despacho do presidente do Goberno galego, e os seus compañeiros Lourdes Alonso e Sergio Fernández. Tamén participaron na xuntanza  o presidente do Centro Juan María, Manuel González, e outros representantes da entidade.

O Centro Juan María, con sede en Nigrán, traballa a prol das persoas con discapacidade intelectual e conta con servizos de calidade, como son o centro educativo, de día e ocupacional, ou centro especial de emprego.

Relacionadas

A Xunta destaca o proxecto Amodo como exemplo de novas fórmulas de comercialización do...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron hoxe en Ourense a...

A Xunta destaca o papel do patrimonio cultural galego como motor de vertebración do...

0
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, xunto coa alcaldesa do concello de Castro Caldelas, Sara Inés Vega, asistiu hoxe á inauguración...

O prazo de presentación de solicitudes das axudas de Medio Rural para as Asociacións...

0
― O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, puxo hoxe en valor estas achegas, dotadas cun orzamento de 2,28 millóns...

A Xunta reforza o apoio aos concellos con máis de 5,6 M€ para a...

0
A conselleira destacou que o investimento para sufragar os custos de persoal dos CIMS aumenta este ano un 12% con respecto ao 2024Fabiola García...

A Xunta destaca a inclusión de Portugal nas etapas de ‘O Gran Camiño’ para...

0
— O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes asistiu hoxe á presentación da cuarta edición da proba, que atravesará as catro provincias galegas do...

Un total de 147 asociacións de nais e pais que xestionan comedores escolares acceden ás axudas...

0
— O Goberno galego reforzou nos últimos anos esta liña, o que fai que estas asociacións reciban hoxe case o tripo do importe que...

Publicacións Relacionadas