Home Xunta de Galicia A Xunta reforza o apoio aos concellos con máis de 5,6 M€...

A Xunta reforza o apoio aos concellos con máis de 5,6 M€ para a consolidación dos CIMS e accións de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero

- Anuncio -
  • A conselleira destacou que o investimento para sufragar os custos de persoal dos CIMS aumenta este ano un 12% con respecto ao 2024
  • Fabiola García sinalou que preto dun millón de euros, un 30% máis que no 2024, están destinados a desenvolver iniciativas de prevención da violencia de xénero
  • Ademais, lembrou que está en marcha o Plan integral de renovación e impulso dos CIMS

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou o Centro de Información á Muller (CIM) de Marín. Durante o encontro, sinalou que a Xunta segue reforzando o seu apoio aos concellos cunha achega de máis de 5,6M€ para consolidar os CIMS e desenvolver accións de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero.


A conselleira destacou que os CIMS son un recurso fundamental na loita contra a violencia de xénero e na promoción da igualdade entre mulleres e homes. Por iso, lembrou que a Xunta vén de aprobar unha axuda de 5 millóns de euros destinada aos concellos para apoiar o pago dos 217 postos de traballo destes centros, o que supón un incremento dun 12% con respecto ao ano anterior.

Por outra banda, o Executivo galego aprobou tamén unha orde de axudas para que as administracións locais poidan desenvolver diferentes accións de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero. Ao respecto, a conselleira destacou que se trata dun investimento dun 30% máis que a convocatoria previa.

Fabiola García fixo fincapé na importancia da colaboración entre administracións para lograr unha sociedade libre de machismo e destacou que a Xunta sempre está aberta a traballar nesta materia. Neste sentido, lembrou que xa está en marcha o Plan integral de renovación e ampliación dos CIMS co obxectivo de analizar a realidade destes centros, a través da escoita activa de todo o persoal profesional, e así poder elaborar un plan con obxectivos e accións específicas.

Relacionadas

Belén do Campo destaca a boa acollida das axudas da Xunta a concellos e particulares para a corrección de...

0
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático convocou por quinto ano esta orde de subvencións que conta cun orzamento de dous millóns de...

A Xunta destaca o proxecto Amodo como exemplo de novas fórmulas de comercialización do...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron hoxe en Ourense a...

A Xunta destaca o papel do patrimonio cultural galego como motor de vertebración do...

0
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, xunto coa alcaldesa do concello de Castro Caldelas, Sara Inés Vega, asistiu hoxe á inauguración...

O prazo de presentación de solicitudes das axudas de Medio Rural para as Asociacións...

0
― O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, puxo hoxe en valor estas achegas, dotadas cun orzamento de 2,28 millóns...

Rueda recibe a usuarios do Centro Juan María, referente no eido da inclusión das...

0
Membros da asociación fixéronlle entrega ao presidente do cadro que adquiriu na celebración do 40 aniversario do centro O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, recibiu...

A Xunta destaca a inclusión de Portugal nas etapas de ‘O Gran Camiño’ para...

0
— O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes asistiu hoxe á presentación da cuarta edición da proba, que atravesará as catro provincias galegas do...

Publicacións Relacionadas