O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, xunto coa alcaldesa do concello de Castro Caldelas, Sara Inés Vega, asistiu hoxe á inauguración da Festa dos Fachós, unha das tradicións máis significativas de Galicia que se conmemora cada 19 de xaneiro neste municipio ourensán e que xira arredor do simbolismo e o culto ao lume, ofrecendo ademais un completo programa festivo que tamén inclúe música e gastronomía.
José González destacou o valor do patrimonio cultural galego como motor para vertebrar o territorio, sinalando que celebracións como esta non só contribúen a preservar as tradicións e atraer visitantes, senón que tamén xeran novas oportunidades no rural, dinamizan a economía local e fortalecen o tecido social.