Home A Coruña Nova sesión da actividade ‘Viaxe ao centro do Aquarium’ para o sábado...

Nova sesión da actividade ‘Viaxe ao centro do Aquarium’ para o sábado 25 de xaneiro

- Anuncio -

Trátase dunha visita guiada polas zonas técnicas do Aquarium Finisterrae que inclúe o acceso ás salas de bombeo e de filtración, ao laboratorio, cociña, corentenas e sala de cultivos auxiliares

O Concello da Coruña organiza para o vindeiro sábado, 25 de xaneiro, unha nova sesión da actividade ‘Viaxe ao centro do Aquarium’. Trátase dunha visita guiada polas zonas técnicas do Aquarium Finisterrae, que inclúe o acceso ás salas de bombeo e de filtración, ao laboratorio, cociña, corentenas e sala de cultivos auxiliares. “O Goberno de Inés Rey quere mante

Esta actividade ofrece a posibilidade de coñecer, da man de persoal técnico do acuario, as instalacións necesarias para o control e manexo dos millóns de litros de auga mariña que pasan diariamente polos seus tanques. Tamén é unha oportunidade para descubrir os principais recursos que se empregan para manter as condicións biolóxicas e ambientais adecuadas dos seres vivos que alberga o centro. A visita está concibida tamén para ofrecer a posibilidade de responder en directo á curiosidade cidadá sobre o funcionamento do Aquarium Finisterrae.

Realízase unha sesión cada mes, para un máximo de 12 persoas, que deberán ser maiores de 16 anos. A actividade ten un custo de 10 euros por persoa e é gratuíta para membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, titulares de Tarxeta Vente e persoas con discapacidade.
A primeira sesión deste ano terá lugar o sábado 25 de xaneiro. A compra das entradas para esta sesión poderá realizarse a partir das 9.00 horas do mércores 22 de xaneiro, neste enderezo: https://ticketing.coruna.gal/mc2/trastiendaaf/

Relacionadas

Ribeira inaugurará o Centro Social de Carreira cunha celebración cultural o 26 de xaneiro

0
O Concello de Ribeira anuncia con satisfacción a inauguración do novo Centro Social de Carreira, un espazo deseñado para satisfacer as necesidades sociais e...

Aberta a inscrición para participar nas ‘X Xornadas Gastronómicas Lacónicas’

0
Esta décima edición celebrarase do 13 de febreiro ao 9 de marzo Os establecementos de hostalería que desexen participar poden anotarse ata este venres 24 A...

O BNG de Oleiros levará ao pleno de xaneiro as queixas existentes sobre incumprimentos...

0
Durante o ano 2024 tivo lugar o concurso público para o servizo de limpeza de Centros Públicos do Concello de Oleiros. Este concurso foi...

Todos os veciños e veciñas poderán participar nunha enquisa para opinar e valorar os...

0
Desde o 1 de febreiro estará aberta unha enquisa dirixida a todos os veciños e veciñas de Oleiros para que valoren e acheguen as...

Estrea o vindeiro venres 24 da obra de teatro “Menu-do Día” máis un faladoiro...

0
Hoxe tivo lugar a presentación do espectáculo a prol diversidade sexual que se engloba dentro da campaña “Liberdade de ser e de sentir” que...

As subvencións da Xunta para a adquisición de vivendas protexidas non se conceden ata...

0
A Xunta de Galicia publicou oficialmente as distintas subvencións para a adquisición de vivenda protexida, que exclúen as cooperativas, e que ademais non se...

Publicacións Relacionadas