Home Pontevedra O Condado A Xunta impulsa melloras nas infraestructuras deportivas de Ponteareas cunha achega de...

A Xunta impulsa melloras nas infraestructuras deportivas de Ponteareas cunha achega de 55.000€

- Anuncio -

— O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou os vestiarios das instalacións da Freixa construídos no marco dun convenio co Concello

— O Goberno galego facilitou o ano pasado a execución de 400 actuacións en dotacións para a práctica do deporte en toda a comunidade, cun investimento de 22M€

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado pola directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou en Ponteareas os vestiarios das instalacións deportivas da Freixa, construídos no marco dun convenio entre a Xunta e o Concello. A través do acordo de colaboración, o Goberno galego achegou 55.200 euros ás obras, presupostadas en 69.000 euros. Deste xeito, o investimento autonómico situouse no 80% do gasto, mentres que o Concello asumiu o 20% restante, 13.800 euros.

A medida enmárcase na aposta da Xunta por reforzar as infraestruturas deportivas en Galicia. Así, a dotación executada en Ponteareas forma parte das 400 actuacións impulsadas polo Goberno galego durante 2024 en instalacións tanto de titularidade autonómica como municipal, cun orzamento global de 22 millóns de euros a través de axudas da Secretaría Xeral para o Deporte como de liñas específicas de apoio ás administracións locais.

O obxectivo é facilitarlles tanto aos clubs e deportistas de base como ao conxunto da poboación unhas dotacións axeitadas para a práctica deportiva, e favorecer así os adestramentos e unha vida saudable.

No caso da Freixa, construíuse unha edificación illada de planta baixa destinada a vestiario, aseos e almacén, para darlles servizo ás persoas usuarias das instalacións deportivas ao aire libre situadas nesta área, que constan dun campo de voleibol, unha pista mixta e catro pistas de tenis.

Este investimento en Ponteareas, executado a través da Secretaría Xeral para o Deporte, súmase a outras axudas concedidas en 2024 no marco do apoio ás administracións locais, como o mantemento do parque da Perillana, que recibiu unha achega de 21.000 euros, ou o apoio á contratación do servizo de vixilancia e socorrismo en espazos acuáticos, con case 8.000 euros, entre outras. Nos últimos anos as contías recibidas ao abeiro destas medidas suman 600.000 euros.

Relacionadas

Belén do Campo reúnese co alcalde da Laracha para seguir avanzando nas vías de colaboración entre...

0
A delegada da Xunta, Belén do Campo, acompañada polo director territorial da Conselleira de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Indalecio Cabana, reuniuse co alcalde...

Luis López asina un convenio co alcalde de Moraña para a mellorar a seguridade...

0
O presidente recibe o alcalde José Gómez no Pazo provincial para poñer en marcha a primeira fase dun proxecto financiado ao 100 % pola...

Arranca o 5º Ciclo de Cine de Inverno en Salvaterra de Miño

0
Dende a Concellería de Cultura preséntase a 5ª edición do Ciclo Cine de Inverno que se celebrará durante o vindeiro mes en Salvaterra de...

O Centro de Atención a Persoas Maiores de Marín realizará un obradoiro de achegamento...

0
O Centro de Atención a Persoas Maiores de Marín realizará un obradoiro de achegamento as novas tecnoloxías aberto ao público dende o mércores 22...

Unha exposición como preámbulo da VIII Mostra Camelias e Mar, que chega ao Museo...

0
Cristina Barreiro e Rosa Crespo abren a exposición “Arte e Camelias”, que se poderá visitar no Museo para abrir boca de cara á gran...

Reunión cos furancheiros de cara ao arranque da tempada en febreiro

0
Poderán vender os seus excedentes entre o 1 do próximo mes e o 30 de xuño, tendo en conta que só poden ter actividade...

Publicacións Relacionadas