Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación organiza unha charla literaria co escritor colombiano Santiago Gamboa como...

A Deputación organiza unha charla literaria co escritor colombiano Santiago Gamboa como antesala do segundo encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e Artes

- Anuncio -

A actividade terá lugar o próximo 31 de xaneiro ás 19:30 horas no Museo de Pontevedra e xa está habilitado o formulario de inscrición no sitio web da institución provincial

A Deputación de Pontevedra organiza o próximo venres 31 de xaneiro unha charla literaria co escritor colombiano Santiago Gamboa como antesala da segunda edición do encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e Artes, que trala boa acollida da súa primeira edición volverá celebrarse no mes de outubro. O encontro con Gamboa terá lugar na zona acristalada do Edificio Castelao do Museo de Pontevedra ás 19:30 horas, e xa está dispoñible no sitio web da Deputación o formulario de inscrición para asistir de balde a esta actividade.

Santiago Gamboa é un escritor, filólogo, columnista, correspondente, xornalista e diplomático colombiano. Estudou Literatura na Universidade Javeriana de Bogotá e posteriormente trasladouse a España, onde se licenciou en Filoloxía Hispánica pola Universidade Complutense de Madrid. Despois mudouse a París, onde cursou estudos de Literatura Cubana na Universidade Sorbona. Debutou como novelista coa súa obra ‘Páginas de vuelta’, coa que despuntou como unha das voces máis innovadoras da nova narrativa colombiana. Entre as súas obras tamén salientan ‘Perder es cuestión de método’, que supuxo o recoñecemento da crítica internacional e que foi levada ao cine por Sergio Cabrera, ‘Vida feliz de un joven llamado Esteban’, ‘Los impostores’, ‘El síndrome de Ulises’, ‘Hotel Pekín’, ‘Una casa en Bogotá’, ‘Volver al oscuro Valle’, ‘Será larga la noche’ ou ‘Colombian Psycho’.

Ademais desta charla literaria, a Deputación ten previstas outras actividades complementarias ao encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e Artes co obxectivo de poñer en valor o talento artístico da mocidade da provincia. Entre elas, salientan obradoiros literarios para mozas e mozos ou a publicación dos textos gañadores da categoría de traballo literario breve das oito edicións dos Premios Provinciais á Xuventude. Precisamente foi o aumento de candidaturas a esta categoría o que suscitou o nacemento do encontro Pontevedra Literaria, e as bases para a novena edición dos premios convocaranse no próximo mes de marzo.

Relacionadas

O BNG alerta de “trabas” da Entidade Local Menor de Bembrive ás alegacións veciñais...

0
A fronte nacionalista denuncia o peche da oficina de atención pública da Entidade Local en pleno conflito veciñal contra o proxecto que ameaza con...

O Concello de Mos pon en marcha o programa “A BIBLIOTECA A TÚA PORTA”

0
O proxecto pretende facilitar o acceso á cultura e combater a soidade e o illamento cun servizo personalizado e próximo en contacto regular cos...

A Deputación visita a EP-1302 Beluso-Cabo Udra, en Bueu, para ultimar as propostas para...

0
Persoal técnico do Servizo de Infraestruturas e Vías Provinciais da Deputación de Pontevedra visitou hoxe a EP-1302 Beluso-Cabo Udra, en Bueu, para ultimar as...

Os mellores artesáns do sector da pesca danse cita este sábado en Soutomaior

0
O Multíusos de Arcade acolle a terceira edición do Obradoiro de Montaxe organizado de maneira conxunta pola Sociedade de Pesca de Soutomaior e o...

O concello destina 186.308 euros á recollida de pluviais e unha senda peonil en...

0
A obra, que actúa sobre un cruce perigoso, forma parte dun proxecto global de mellora da seguridade viaria na rede de estradas do municipio O...

Luis López asina un convenio co alcalde de Moraña para a mellorar a seguridade...

0
O presidente recibe o alcalde José Gómez no Pazo provincial para poñer en marcha a primeira fase dun proxecto financiado ao 100 % pola...

Publicacións Relacionadas