Home A Coruña As subvencións da Xunta para a adquisición de vivendas protexidas non se...

As subvencións da Xunta para a adquisición de vivendas protexidas non se conceden ata o final da obra e exclúen as cooperativas concertadas

- Anuncio -

A Xunta de Galicia publicou oficialmente as distintas subvencións para a adquisición de vivenda protexida, que exclúen as cooperativas, e que ademais non se conceden ata a sinatura das escrituras, é dicir, ata o final da obra. O Concello de Oleiros reclama que os cartos se entreguen no momento de afrontar o pago inicial da entrada das vivendas, que é cando realmente máis se necesita, e que se inclúan todas as vivendas protexidas, tamén cooperativas como as de Oleiros que son protexidas en réxime concertado.

Pouco sentido ten esta política de vivenda da Xunta de Galicia, a non ser que o que realmente se pretenda sexa realizar un anuncio propagandístico e que os fondos non se repartan. O principal escollo das persoas que queren adquirir unha vivenda protexida está na falta de recursos para afrontar o pagamento da entrada, dado que os bancos non financian máis do 80% do custo dos pisos. Son moitas as persoas que non dispoñen dese 20% restante, que hai que pagar inicialmente, e que quedan totalmente desamparadas ante as políticas da Xunta, a administración con competencias en vivenda xunto co Estado.

“A Xunta debe modificar as súas subvencións á adquisición de vivenda se realmente quere que os cidadáns poidan comprar pisos. Fan falta axudas reais e non publicidade de cara á galería. Son moitas as persoas que non poden participar en iniciativas como a que fixemos nós de promover cooperativas de vivenda dado que non dispoñen dos cartos para o pago inicial do 20% da vivenda”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.

Relacionadas

Ribeira inaugurará o Centro Social de Carreira cunha celebración cultural o 26 de xaneiro

0
O Concello de Ribeira anuncia con satisfacción a inauguración do novo Centro Social de Carreira, un espazo deseñado para satisfacer as necesidades sociais e...

Aberta a inscrición para participar nas ‘X Xornadas Gastronómicas Lacónicas’

0
Esta décima edición celebrarase do 13 de febreiro ao 9 de marzo Os establecementos de hostalería que desexen participar poden anotarse ata este venres 24 A...

O BNG de Oleiros levará ao pleno de xaneiro as queixas existentes sobre incumprimentos...

0
Durante o ano 2024 tivo lugar o concurso público para o servizo de limpeza de Centros Públicos do Concello de Oleiros. Este concurso foi...

Todos os veciños e veciñas poderán participar nunha enquisa para opinar e valorar os...

0
Desde o 1 de febreiro estará aberta unha enquisa dirixida a todos os veciños e veciñas de Oleiros para que valoren e acheguen as...

Estrea o vindeiro venres 24 da obra de teatro “Menu-do Día” máis un faladoiro...

0
Hoxe tivo lugar a presentación do espectáculo a prol diversidade sexual que se engloba dentro da campaña “Liberdade de ser e de sentir” que...

Francisco Díaz Gallego pon en valor o Plan de Recuperación de Ruínas, “fundamental para...

0
O concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda fixo balance esta mañá dos novos avances que está a experimentar o Plan. A semana pasada, activouse...

Publicacións Relacionadas