Hoxe tivo lugar a presentación do espectáculo a prol diversidade sexual que se engloba dentro da campaña “Liberdade de ser e de sentir” que a Deputación da Coruña deseñou para o pasado 28 de xuño. O obra máis o faladoiro terá lugar o vindeiro venres 24 ás 20:30 h no novo Auditorio Municipal de Ribeira.
Á presentación acudiron a concelleira de Educación Cruz Rivadulla xunto coa nova asesora legal do CIM (Centro de Información á Muller de Ribeira), Manoli Parente que está substituíndo unha baixa da titular.
Rivadulla puxo en valor esta creación artística que afonda na diversidade sexual e a súa problemática ante o actual contexto de regresión.
Menu-do Día serve un “corpo queer” en escena (vivir sen identificarse con categorías tradicionais con respecto á sexualidade), sen máis artificio, xa que estar presentes é ser existentes.
Un corpo que se converte nun “crash-dummy”, un boneco de proba-erro para medir a dureza das carrocerías dos coches, pero a través de experiencias vitais, da violencia que predomina na nosa sociedade e dos discursos de odio provocados polas políticas dictadas por partidos extremistas.
En “Menu-do día”, o ColectivoCBV #ChamizoBelloVila tece unha historia que confronta odio e ledicia, escuridade e luz, tristeza e aceptación, para revelarse dende a resiliencia nunha festa pola diversidade.
Neste espectáculo debut amosan novas realidades, dende a disidencia e o activismo, capaces de romper a norma e crear unha sociedade máis avanzada, máis inclusiva, máis real.
Menu-do Día transita entre as violencias continuadas que sofre o colectivo LGTBIQ+, é a primeira creación do Colectivo CBV #ChamizoBelloVila e nace dun traballo en proceso, que obtivo unha gran acollida, e foi medrando dende o ano 2021 a medida que o foron amosando en diferentes festivais ate a súa estrea en xullo de 2023 en coprodución coa 40 edición da MITCFC.
Primeiro foi unha peza breve, titulada ‘MENU-DO DÍA’, que presentaron na Fundación Luís Seoane de A Coruña, o 18 de decembro de 2021, no ciclo
Teatro Mínimo Ambulante, que organiza Ese Sitio (Espazo Creativo Colaborativo de A Coruña).
Unha segunda entrega do proceso de creación, tamén en formato breve, presentóuse no 15 Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) 2022, dentro del II Certamen 67º Ourense Fervescénica, no que gañou o Premio do Público.
También gañou o Premio do Público ao Mellor Espectáculo do Certame Micro-escenas Metro Cadrado do 31 Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT) 2022.
A performance, nas diferentes fases do proceso de investigación e creación, tamén pasóu, en formato breve, pola 39 Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo (MITCF) de Cangas do Morrazo 2022, que se convirte en coproductora do espectáculo para unha versión extensa, con estrea no ano 2023.
En novembro de 2022 é seleccionada no V Festival Pezas dun Teatro do Porvir, da Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega (AELG), onde comparten co público especializado un fragmento da
peza e o resultado da súa investigación.
Por fin, en maio de 2023, ‘MENU-DO DÍA’ presentaba unha versión más ampla no CORUFEST, onde ademáis da peza participan dun encontro co público. Finalmente o 7 de xullo de 2023 estréase a peza completa na 40 MITCF de Cangas con gran éxito de público e crítica.
O Colectivo CBV #CHAMIZOBELLOVILA está formado por Diego Chamizo, Alberte Bello e David Vila. Logo de ter compartido diversas experiencias profesionais, deciden agruparse para traballar de maneira conxunta. Son tres creadores, formados e especializados, con grandes puntos comúns á hora de desenvolver os seus proxectos artisticos e de investigación. Traballan dende unha mesma visión do mundo, coa idea de tecer redes con outros artistas, desenvolver proxectos propios no terreo das artes vivas e a investigación.
Crean en prol da diversidade e a conciencia social a través de novas linguaxes de creación contemporáneas, para poñer o foco sobre realidades que habitualmente, non son protagonistas, ou non se poñen no centro da realidade cultural. Xuntos, tentan amosar unha nova realidade posible, dende a disidencia e o activismo, capaz de romper a norma e crear unha sociedade máis avanzada, máis inclusiva e máis real.