O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu hoxe ao acto de entrega dos Premios Cidade de Pontevedra, que tiveron lugar no Salón de Plenos da Casa Consistorial. Uns galardóns que este ano foron concedidos ao escritor Manel Loureiro, na modalidade de persoa física, e aos Servizos de Dixestivo e Dermatoloxía do Complexo Hospitalaria de Pontevedra, na modalidade de persoas xurídica.