Home Xunta de Galicia A Xunta dá luz verde ao informe ambiental da modificación  do PXOM...

A Xunta dá luz verde ao informe ambiental da modificación  do PXOM para construir unhas 520 vivendas protexidas máis em Xuxán

- Anuncio -

— A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático conclúe que os cambios de uso no sector SURT-2 do antigo Ofimático non terán efectos adversos significativos

— Con esta resolución, o Concello poderá seguir tramitando o cambio impulsado pola Xunta no plan xeral, que permitirá fixar un novo reparto de usos no sector SURT-2 e aumentar o parque residencial fronte aos equipamentos terciarios

A Xunta de Galicia acaba de dar luz verde ambiental á modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) da Coruña que permitirá a construción de arredor de 520 vivendas protexidas máis no barrio de Xuxán (antigo Ofimático). Esta modificación foi impulsada pola Xunta a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).
A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, dependente da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, asinou hoxe o Informe ambiental estratéxico (IAE) relativo á referida modificación, concluíndo que non se prevé que teña efectos ambientais adversos significativos. En todo caso, no propio documento establécense condicións para o cumprimento dos obxectivos de calidade acústica nesa zona e a obriga de incluír na documentación a zonificación acústica da superficie de actuación.
Este IAE remitirase ao Concello da Coruña para que poida seguir tramitando a modificación do PXOM, e farase público a través do Diario Oficial de Galicia e da propia web da Consellería.
Cómpre lembrar que o obxectivo co que se promove este cambio urbanístico é establecer un novo reparto de usos no chamado sector SURT-2 —localizado na zona sur da cidade, nunha área entre os barrios de Matogrande e As Flores, a avenida de Alfonso Molina e o núcleo de Eirís de Abaixo— para poder incrementar o desenvolvemento residencial de tres parcelas propiedade da Xunta dentro do referido ámbito.
En concreto, a Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal) dispón nesta zona de terreos cualificados no planeamento vixente como de uso terciario —é dicir, destinadas a albergar oficinas e actividade comercial— pero que a Xunta propuxo reorientar ao constatarse que non existe este tipo de demanda na zona.
Por este motivo, solicitouse no seu día ao Concello da Coruña que promovera unha modificación do PXOM neste sector para permitir a construción de aproximadamente 520 vivendas protexidas, a maiores das previstas no resto do ámbito.
De feito, o IGVS ten comprometido desenvolver un total de 1.100 vivendas protexidas en Xuxán —entre as promovidas directamente polo Goberno galego e as construídas por promotores privados— ás que se sumarían as 520 VPP adicionais que podería albergar o sector SURT-2 tras os cambios de uso promovidos.
Cómpre subliñar que todas as vivendas protexidas previstas nos terreos do barrio coruñés de Xuxán enmárcanse nunha das liñas de actuación fixadas na estratexia para a promoción de vivenda pública e protexida en Galicia aprobada pola Xunta co reto de duplicar o parque público residencial da Comunidade nesta lexislatura.

Relacionadas

Belén do Campo reúnese co alcalde da Laracha para seguir avanzando nas vías de colaboración entre...

0
A delegada da Xunta, Belén do Campo, acompañada polo director territorial da Conselleira de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Indalecio Cabana, reuniuse co alcalde...

A Xunta impulsa melloras nas infraestructuras deportivas de Ponteareas cunha achega de 55.000€

0
— O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou os vestiarios das instalacións da Freixa construídos no marco dun convenio co Concello —...

Belén do Campo destaca a boa acollida das axudas da Xunta a concellos e particulares para a corrección de...

0
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático convocou por quinto ano esta orde de subvencións que conta cun orzamento de dous millóns de...

A Xunta destaca o proxecto Amodo como exemplo de novas fórmulas de comercialización do...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron hoxe en Ourense a...

A Xunta destaca o papel do patrimonio cultural galego como motor de vertebración do...

0
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, xunto coa alcaldesa do concello de Castro Caldelas, Sara Inés Vega, asistiu hoxe á inauguración...

O prazo de presentación de solicitudes das axudas de Medio Rural para as Asociacións...

0
― O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, puxo hoxe en valor estas achegas, dotadas cun orzamento de 2,28 millóns...

Publicacións Relacionadas