Dende a Concellería de Cultura preséntase a 5ª edición do Ciclo Cine de Inverno que se celebrará durante o vindeiro mes en Salvaterra de Miño.
Como en anteriores edicións o ciclo totalmente gratuíto inclúe a proxección de películas de estrea na Casa da Cultura de Salvaterra de Miño. Os sábados ás 22:00 horas serán películas para o público adulto mentres que os domingos ás 17:30 horas dirixidas ó público infantil. Deste xeito achégase durante este mes unha alternativa de ocio cinematográfico para pasar as noites do sábado e as tardes do domingo.
Dende o 1 de FEBREIRO ata o 2 de MARZO, o público poderá gozar dunha oferta diferente que comeza a primeira fin de semana de febreiro coas proxeccións de As Neves e La Patrulla Canina: La Superpelícula.
Nos vindeiros días achegarase a programación completa do ciclo.