Home Pontevedra O BNG alerta de “trabas” da Entidade Local Menor de Bembrive ás...

O BNG alerta de “trabas” da Entidade Local Menor de Bembrive ás alegacións veciñais contra a nova autovía

- Anuncio -

A fronte nacionalista denuncia o peche da oficina de atención pública da Entidade Local en pleno conflito veciñal contra o proxecto que ameaza con tronzar a parroquia

O Bloque reitera a súa oposición ao trazado previsto para a A-52 e anuncia un encontro coa plataforma Avibe en relación á afección que vai ter o vial PO-010 en Beade

O Bloque Nacionalista Galego alerta de “trabas” da Entidade Local Menor (ELM) de Bembrive ás alegacións veciñais contra a nova autovía A-52. A fronte nacionalista critica o peche da oficina de atención pública da ELM en pleno conflito veciñal contra o proxecto que ameaza con tronzar a parroquia.

Así o denunciaron este luns o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, xunto ao ex candidato do Bloque á alcaldía pedánea e membro do Consello Local, Roberto Fernández Vila, afeando a “deslealdade” á fronte da Entidade Local por parte do PSOE (o mesmo partido que promove a infraestrutura a nivel municipal e estatal) por “dar as costas á veciñanza de Bembrive” en medio da recollida de alegacións contra a A-52.

Fernández Vila cualificou de “auténtica tomadura de pelo” a exposición realizada pola ELM o pasado 16 de xaneiro para informar sobre o proxecto “demostrando un total descoñecemento do impacto desta atrocidade medioambiental e social nun dos principais pulmóns verdes de Vigo”.

Dende a fronte nacionalista reiteraron nese sentido a súa oposición ao trazado previsto para a A-52. Aliás, anunciaron un encontro coa plataforma Avibe en relación á afección que vai ter o vial PO-010 en Beade e outras parroquias do rural, e cuxa execución está ligada ao desenvolvemento da nova autovía.

Alternativas á autovía

En relación a ambos proxectos, o portavoz municipal do BNG considerou “indefendíbel” que o Goberno de Caballero pretenda impoñer un trazado sen o máis mínimo diálogo coa veciñanza e sen valorar outras alternativas que eviten os graves impactos ambientais e sociais de ambas infraestruturas.

Insistiu tamén en que esta nova autovía non vai resolver os graves problemas de sinistralidade da actual A-55 nin pode agardar anos para que se faga realidade. Igrexas urxiu ao Ministerio de Transportes a executar de inmediato os traballos pendentes dende hai anos para corrixir o actual trazado así como liberar de peaxes a autoestrada AP-9, cuxo trazado vai paralelo á actual autovía.

Relacionadas

O Concello de Mos pon en marcha o programa “A BIBLIOTECA A TÚA PORTA”

0
O proxecto pretende facilitar o acceso á cultura e combater a soidade e o illamento cun servizo personalizado e próximo en contacto regular cos...

A Deputación visita a EP-1302 Beluso-Cabo Udra, en Bueu, para ultimar as propostas para...

0
Persoal técnico do Servizo de Infraestruturas e Vías Provinciais da Deputación de Pontevedra visitou hoxe a EP-1302 Beluso-Cabo Udra, en Bueu, para ultimar as...

Os mellores artesáns do sector da pesca danse cita este sábado en Soutomaior

0
O Multíusos de Arcade acolle a terceira edición do Obradoiro de Montaxe organizado de maneira conxunta pola Sociedade de Pesca de Soutomaior e o...

O concello destina 186.308 euros á recollida de pluviais e unha senda peonil en...

0
A obra, que actúa sobre un cruce perigoso, forma parte dun proxecto global de mellora da seguridade viaria na rede de estradas do municipio O...

Luis López asina un convenio co alcalde de Moraña para a mellorar a seguridade...

0
O presidente recibe o alcalde José Gómez no Pazo provincial para poñer en marcha a primeira fase dun proxecto financiado ao 100 % pola...

Arranca o 5º Ciclo de Cine de Inverno en Salvaterra de Miño

0
Dende a Concellería de Cultura preséntase a 5ª edición do Ciclo Cine de Inverno que se celebrará durante o vindeiro mes en Salvaterra de...

Publicacións Relacionadas