Home A Coruña O ano pasado depositáronse 358.000 prendas de roupa nos contedores da Fundación...

O ano pasado depositáronse 358.000 prendas de roupa nos contedores da Fundación Humana

- Anuncio -

Nos últimos nove anos recolléronse no noso concello un total de 719.028,46 quilos de téxtil, que equivalen a 2,8 millóns de prendas

A veciñanza do noso concello depositou o ano pasado nos contedores da Fundación Humana 89.545,46 quilos de roupa (un 8,55% máis que no 2023), que equivalen a 358.182 prendas. Os residuos de téxtil van en aumento, e, de feito, no 2024 acadouse a cifra máis alta desde que empezou a recollida selectiva deste tipo de residuos, mesmo superando o récord do ano da pandemia.

Nos nove anos que levan instalados os colectores no noso concello, os carballeses e carballesas temos depositado 719.028,46 quilos de roupa e calzado, é dicir, 2,8 millóns de prendas, que doutro xeito acabarían na incineradora de Sogama, tal como apunta o concelleiro de Medio Ambiente e Servizos, Miguel Vales, ademais de sinalar que a xestión axeitada deste residuo reverte na sociedade a través de programas de cooperación ao desenvolvemento en África, América Latina e Asia.

Nestes momentos contamos con 34 puntos de recollida de téxtil, 15 deles situados na zona rural. Carballo conta cun contedor por cada 1.000 habitantes, mentres que a media española é de un por cada 5.000. Os máis utilizados son os situados na rúa Perú, xunto ao Centro Comercial Bergantiños; na avenida do Ambulatorio e na rúa Eduardo Pondal.

Nos colectores de Humana podemos depositar roupa, calzado, complementos e téxtil de fogar que non usamos e que deste xeito poden ter unha segunda vida, ademais de contribuír ao desenvolvemento de proxectos sociais. Ademais, o servizo é gratuíto, representa un aforro importante na xestión dos residuos sólidos urbanos e contribúe á redución das emisións de CO2: por cada kg de roupa recuperada evítase a emisión de 6,1 kg de CO2, segundo un estudo da Federación Humana People to People. Deste xeito tamén estamos a colaborar na protección do medio ambiente e na loita contra o cambio climático.

Relacionadas

Javier Veiga e Xosé A. Touriñán protagonizan o ‘western’ da nova campaña turística da...

0
A alcaldesa, Inés Rey, presentou a curtametraxe no Espacio Larra de Madrid: “Vimos a Fitur a ofrecer que se unan á nosa celebración, á...

O pleno abordará a aprobación do IV Plan estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre...

0
Inclúe 15 obxectivos e 67 medidas de accións concretas estruturadas en 5 eixos. O Goberno municipal elevará ao pleno ordinario que se celebrará o xoves...

A programación municipal cultural e deportiva alcanza as 1.800 inscricións entre todas as actividades

0
En varias disciplinas aínda hai prazas dispoñibles. Nos últimos días comezaron a desenvolverse novas actividades culturais e deportivas do programa municipal de inverno 2024-2025 que...

O Concello demostra cun informe técnico que AENA sobredimensiona as afectacións sonoras do aeroporto

0
Para defender a veciñanza de Montrove ante as afeccións da “pegada sonora” do aeroporto de Alvedro que pretende impoñer AENA, o Concello realizou un...

Festa do waterpolo alevín e benxamín na piscina municipal de Santa Isabel

0
A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, presentou esta mañá o campionato de waterpolo que acollerá a piscina de Santa Isabel en categoría alevín o...

O cómico Luis Álvaro recala en Ribeira con dose de humor absurdo mesturado de...

0
Hoxe tivo lugar a presentación deste famoso cómico que ven de xirar por diferentes capitais do territorio nacional e que o 7 de febreiro...

Publicacións Relacionadas