Home A Coruña O programa provincial "De Fronte" gravará este xoves en San Sadurniño un...

O programa provincial “De Fronte” gravará este xoves en San Sadurniño un vídeo-podcast centrado nas vertentes dixitais da violencia sexual contra as mulleres

- Anuncio -

No espazo, conducido pola experta en igualdade Priscila Retamozo, participarán a investigadora Nerea Barjola e a profesora da UCM Elisa García-Mingo

A gravación comezará ás 11:00h na Casa da Xuventude de San Sadurniño. É con entrada libre pero prégase puntualidade para non interromper a filmación

A área de Igualdade da Deputación da Coruña impulsou con motivo do 25N de 2020 a campaña “De Fronte á violencia de xénero”. Charlas, traballo cos colexios, actividades de concienciación cidadá e especializadas na abordaxe do maltrato compoñían unha programación encadrada no Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller. Porén, o programa foi ampliándose e agora, cinco anos despois de botar a andar, abrangue practicamente todo o ano ofrecendo recursos de todo tipo, como guías e procedementos, literatura, ensaios ou palestras en formato vídeo-podcast con persoas expertas en distintas materias relacionadas. Unha destas charlas vai gravarse este xoves pola mañá -11:00h- na Casa da Xuventude de San Sadurniño. Estará centrada nas vertentes dixitais da violencia sexual e nela participarán a investigadora Nerea Barjola e a profesora da UCM Elisa García-Mingo, coa moderación da experta en igualdade Priscila Retamozo. A entrada é libre, pero prégase puntualidade para non retrasar o inicio da gravación, que estará dispoñible posteriormente na canle de Youtube da Deputación e na de De Fronte.

Priscila Retamozo é coordinadora do proxecto educativo “Comando igualdade” e presentadora e directora da canle de entrevistas “Histérikas histórikas”. Ela encargarase de introducir e darlle pé á conversa con Nerea Barjola, que ademais de politóloga é doutora en feminismos e xénero especializada no tratamento que fan os medios dos crimes sexuais e, nomeadamente, coa maneira en que estes perpetúan o aleccionamento contra a liberdade das mulleres. Elisa García Mingo, pola súa banda, tratou desde a investigación sociolóxica a misoxinia que se dá no contexto dixital.

As tres falarán, principalmente, da violencia sexual e como se traslada ao ámbito da comunicación dixital das redes sociais e plataformas de contidos. Espazos virtuais que contribúen polo seu alcance masivo a reproducir e normalizar comportamentos machistas e violentos.

A gravación comezará a iso das 11:00h e con entrada libre na sala de conferencias da Casa de Xuventude -na Praza Ramón Díaz Raña- e será o cuarto vídeo dunha serie de cinco da programación de De Fronte, unha iniciativa que naceu vinculada á celebración do 25N “pero que agora se estende máis aló desta data, proporcionando ferramentas e materiais pedagóxicos para traballar na prevención, reparación e eliminación das violencias machistas”, apuntan desde o equipo coordinador.

Todas as actividades e materiais -incluidos os vídeo-podcast- están dispoñibles na web defronte.gal, moi aconsellable como repositorio informativo para decatarse da dimensión do problema das violencias machistas e tomar conciencia sobre como acabar con elas dunha vez por todas.

Relacionadas

Javier Veiga e Xosé A. Touriñán protagonizan o ‘western’ da nova campaña turística da...

0
A alcaldesa, Inés Rey, presentou a curtametraxe no Espacio Larra de Madrid: “Vimos a Fitur a ofrecer que se unan á nosa celebración, á...

O pleno abordará a aprobación do IV Plan estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre...

0
Inclúe 15 obxectivos e 67 medidas de accións concretas estruturadas en 5 eixos. O Goberno municipal elevará ao pleno ordinario que se celebrará o xoves...

A programación municipal cultural e deportiva alcanza as 1.800 inscricións entre todas as actividades

0
En varias disciplinas aínda hai prazas dispoñibles. Nos últimos días comezaron a desenvolverse novas actividades culturais e deportivas do programa municipal de inverno 2024-2025 que...

O Concello demostra cun informe técnico que AENA sobredimensiona as afectacións sonoras do aeroporto

0
Para defender a veciñanza de Montrove ante as afeccións da “pegada sonora” do aeroporto de Alvedro que pretende impoñer AENA, o Concello realizou un...

Festa do waterpolo alevín e benxamín na piscina municipal de Santa Isabel

0
A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, presentou esta mañá o campionato de waterpolo que acollerá a piscina de Santa Isabel en categoría alevín o...

O cómico Luis Álvaro recala en Ribeira con dose de humor absurdo mesturado de...

0
Hoxe tivo lugar a presentación deste famoso cómico que ven de xirar por diferentes capitais do territorio nacional e que o 7 de febreiro...

Publicacións Relacionadas