Home A Coruña A programación municipal cultural e deportiva alcanza as 1.800 inscricións entre todas as actividades

A programación municipal cultural e deportiva alcanza as 1.800 inscricións entre todas as actividades

- Anuncio -

En varias disciplinas aínda hai prazas dispoñibles.

Nos últimos días comezaron a desenvolverse novas actividades culturais e deportivas do programa municipal de inverno 2024-2025 que está en marcha desde o pasado mes de outubro.
O público infantil comezou o obradoiro Pequecociña que se vai realizar ata o mes de abril todos os luns pola tarde no centro sociocultural de Lendo coa participación de nenos maiores de seis anos de idade, estando todas as prazas esgotadas.
Nas outras tres actividades iniciadas tralas festas do Nadal aínda hai prazas dispoñibles e están abertas para a participación tanto do público infantil como adulto. Son os cursos de fotografía dixital (martes na Casa da Cultura), cerámica (luns no Centro Sociocultural de Vilaño) e tiro con arco (sábados pola mañá no pavillón do IES Agra de Leborís).
No mes de febreiro principiarán no edificio de servizos múltiples dous cursos de informática para adultos, un sobre iniciación a internet (martes de 19:30 a 21:00 horas) e outro sobre o uso do paquete Office (venres de 19:30 a 21:00 horas). En ambos casos hai prazas dispoñibles.
Para marzo está previsto o inicio das últimas disciplinas desta programación municipal. Nos cursos de cociña para adultos e os de pádel xa non teñen prazas dispoñibles ao estar cubertas a totalidade das ofertadas. Aínda está aberta a inscrición para os de arte floral de Erboedo (luns de 20:30 a 22:30 h) e Lendo (mércores de 20:30 a 22:30 h).
Entre as actividades que se veñen realizando desde outubro, as que comezaron en xaneiro e as que principiarán proximamente xa se alcanzaron as 1.800 inscricións, unha cifra que pon de manifesto a excelente aceptación por parte da cidadanía desta programación cultural e deportiva municipal de inverno que cada ano destaca pola súa variedade e por permitir a participación de todos os públicos.

Relacionadas

Javier Veiga e Xosé A. Touriñán protagonizan o ‘western’ da nova campaña turística da...

0
A alcaldesa, Inés Rey, presentou a curtametraxe no Espacio Larra de Madrid: “Vimos a Fitur a ofrecer que se unan á nosa celebración, á...

O pleno abordará a aprobación do IV Plan estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre...

0
Inclúe 15 obxectivos e 67 medidas de accións concretas estruturadas en 5 eixos. O Goberno municipal elevará ao pleno ordinario que se celebrará o xoves...

O Concello demostra cun informe técnico que AENA sobredimensiona as afectacións sonoras do aeroporto

0
Para defender a veciñanza de Montrove ante as afeccións da “pegada sonora” do aeroporto de Alvedro que pretende impoñer AENA, o Concello realizou un...

Festa do waterpolo alevín e benxamín na piscina municipal de Santa Isabel

0
A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, presentou esta mañá o campionato de waterpolo que acollerá a piscina de Santa Isabel en categoría alevín o...

O cómico Luis Álvaro recala en Ribeira con dose de humor absurdo mesturado de...

0
Hoxe tivo lugar a presentación deste famoso cómico que ven de xirar por diferentes capitais do territorio nacional e que o 7 de febreiro...

O programa provincial “De Fronte” gravará este xoves en San Sadurniño un vídeo-podcast centrado...

0
No espazo, conducido pola experta en igualdade Priscila Retamozo, participarán a investigadora Nerea Barjola e a profesora da UCM Elisa García-Mingo A gravación comezará ás...

Publicacións Relacionadas