Home Pontevedra Caldas Jacobo Pérez analiza co presidente da Deputación proxentos e actuacións para “continuar...

Jacobo Pérez analiza co presidente da Deputación proxentos e actuacións para “continuar consolidando a Caldas referente na provincia”

- Anuncio -

• O alcalde mantivo este martes a súa primeira reunión con Luís López, na que se analizaron os proxectos impulsados a través do programa +Provincia 2024, ademais de dar traslado doutras propostas para o futuro

• O rexedor confirmou que o Concello solicitará ao Estado a cesión demanial dos terreos necesarios para acometer a humanización da Travesía Doña Urraca coa colaboración da Deputación de Pontevedra

O alcalde de Caldas de Reis, Jacobo Pérez, mantivo este martes a súa primeira reunión desde a súa chegada á Alcaldía co presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López. Un encontro que, en palabras do propio rexedor, estivo marcado “pola boa sintonía e o interese de ambas administracións á hora de impulsar proxectos que sirvan para mellorar a calidade de vida da veciñanza, reafirmando a Caldas como un municipio de referencia na bisbarra e en toda a provincia de Pontevedra”. Pérez agradeceu a celeridade do presidente á hora de concretar esta reunión, na que se abordaron varios puntos de interese. En primeiro lugar, revisáronse os proxectos impulsados a través do Plan +Provincia 2024 da Deputación, dúas obras moi ambiciosas para dotar de saneamento a diferentes puntos do municipio. Ademais, tamén se falou do Plan de Infraestruturas Deportivas, a través do cal Caldas de Reis quere levar a cabo a renovación dos vestiarios do pavillón municipal, gañando, ademais, máis espazo para equipamento.

De cara a 2025, Jacobo Pérez trasladou a Luís López o compromiso do Concello para axilizar e desbloquear a ansiada humanización da Travesía de Doña Urraca. Segundo explicou o alcalde, existe predisposición por parte da Deputación de Pontevedra para avanzar neste proxecto. Sen embargo, é necesario conseguir a cesión demanial duns terreos próximos ao cuartel da Garda Civil, que son de titularidade do Ministerio de Interior. Pérez confirmou que a Administración local solicitará a devandita cesión e, unha vez conseguida, porase a disposición da Deputación, para que se poida acometer a obra. A intención é asinar un convenio no que o Concello asumirá o 30% da contía, cuxo total podería superar os 500.000 euros. “Estamos a falar dunha actuación moi necesaria e demandada e queremos facela realidade”, recalcou o alcalde caldense.

Durante a reunión tamén quedou aberta a opción de impulsar máis convenios no futuro para realizar máis actuacións, especialmente no apartado de infraestruturas. En todo caso, Jacobo Pérez deixou claro que “hai que ir paso a paso”. Outro tema do que se falou na reunión foi do mantemento das estradas provinciais no concello. Solicitouse o cambio de emprazamento dunha marquesiña de autobús na estrada de San Clemente, así como medidas para garantir o cumprimento das marxes de seguridade das árbores situadas nas parcelas colindantes á vía.

En definitiva, Jacobo Pérez amósase satisfeito polo resultado desta reunión e incide en que “tal e como xa deixamos claro en varias ocasións, a nosa folla de ruta pasa por mellorar a calidade de vida da nosa veciñanza, colaborando co resto de institucións, e poñendo sempre por diante os intereses dos nosos veciños e veciñas”.

Relacionadas

Rafa Domínguez visita no Museo Reino Sofía a exposición sobre o ‘Esperpento’ ideado por...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, visitou este martes no Museo Reino Sofía de Madrid, onde se atopa como parte da delegación...

A Xunta destina máis de 300.000 euros para o reforzo da atención a maiores...

0
O Executivo galego investiu máis de 134.000 euros para a adquisición dun vehículo e a realización de melloras no centro de día e no...

Diego Rosal, elexido novo Responsábel Local do BNG de Meaño

0
O BNG de Meaño ven de celebrar o pasado Luns na Casa de Cultura de Dena en Asamblea Local, a elección do novo Consello...

A Audiencia Nacional falla a favor do Concello de Tui na reclamación da cantidade...

0
O Ministerio de Interior deberá aboar a totalidade dos 1.276.709,34 € O Ministerio do Interior deberá aboar 1.276.709,34€ ao concello de Tui en concepto de...

A Andaina solidaria de Montes e Praias de Marín cumpre 10 anos

0
A proba foi presentada esta mañá desde un dos puntos máis bonitos do percorrido, o banco da Teoira. A actividade, que se celebrará o...

A contorna da Casa do Concello será un novo núcleo de centralidade en Soutomaior

0
O proxecto prevé a humanización de toda a contorna e a inclusión de elementos de mobiliario urbano como bancos e árbores. A contorna da Casa...

Publicacións Relacionadas