Home O Morrazo Bueu O Concello de Bueu abre as inscricións para os obradoiros de memoria...

O Concello de Bueu abre as inscricións para os obradoiros de memoria e envellecemento activo

- Anuncio -

• O prazo estará aberto dende o 22 ao 28 de xaneiro e os talleres serán impartidos polos centros de día Pescadoira e Contigo, e AFAMO

• Haberá diversos grupos no Centro Social do Mar de Bueu, Casa do Pobo de Beluso, Centro de Interpretación de Agrelo e Casa da Aldea de Meiro

O Concello de Bueu arrancará en febreiro un novo curso de obradoiros de memoria para persoas maiores, un proxecto que se insire no marco do plan anual de fomento das políticas sociais activas e que goza de moito éxito. Dende o Departamento de Benestar Social anuncian que o prazo de inscrición estará aberto do 22 ao 28 de xaneiro, ámbolos dous días incluídos. Os obradoiros serán impartidos polos centros de día da vila, Contigo e Pescadoira, e pola Asociación de Apoio a Familias con Alzhéimer (AFAMO), e neles propoñeranse diversas actividades de xeito gratuíto.
O Centro de Día Pescadoira desenvolverá os Obradoiros na Casa do Pobo de Beluso e no Centro Social do Mar de Bueu (2 grupos) e o Centro de Día Terapéutico Contigo desenvolverá os Obradoiros de Memoria na aula da Biblioteca do Centro Social do Mar de Bueu (2 grupos) e no Centro de Interpretación do litoral de Agrelo (1 grupo). Para estes obradoiros a inscrición deberá facerse no Rexistro Xeral do Concello no prazo indicado. Mentres, no caso do de AFAMO, que se impartirá na Casa da aldea de Meiro, as persoas interesadas poden chamar ao 622832227.
A proposta dos obradoiros dos centros de día vai destinada a persoas de Bueu maiores de 60 anos. No caso de AFAMO, está aberta a persoas maiores de 55 anos do Concello de Bueu, con ou sen deterioro cognitivo, interesadas nas actividades de envellecemento activo; persoas diagnosticadas con Alzhéimer ou outras demencias neurodexenerativas que residan no municipio e nas áreas limítrofes; coidadores e coidadoras familiares e profesionais que precisan apoio e formación específica para mellorar a calidade dos coidados; ou a comunidade educativa e a cidadanía en xeral, que se beneficiarán das accións de sensibilización e actividades interxeracionais.
A iniciativa ten como obxectivos o fomento do envellecemento activo, o aumento na calidade de vida, o coñecemento de novas actividades de ocio e tempo libre, a mellora nas relacións sociais, etc. Tal e como apunta Laura Ogando, concelleira de benestar social e igualdade, “estes obradoiros son moi importantes para a poboación maior, pois axudan a prever deterioro da saúde mental”.
A proposta do Centro de Día Pescadoira terá en conta unha perspectiva integral, abarcando todas aquelas áreas que teñen relación e influencia na memoria. Deste modo trataranse aspectos cognitivos pero tamén emocionais, que afectan a que a memoria funcione de maneira óptima. Abordaranse casos da vida cotiá da persoas participantes no obradoiro, para dar resposta individual e personalizada aos problemas existentes e dotalos de ferramentas para afrontalos.
Os obradoiros de memoria do Centro de Día Terapéutico Contigo están orientados a fomentar o envellecemento activo das persoas maiores, previr múltiples patoloxías e mellorar o funcionamento cognitivo, así como incrementar o benestar xeral e emocional da poboación.
O proxecto de Atención integral e Envellecemento activo de AFAMO ofrece unha abordaxe integral para atender tanto ás persoas afectadas de Alzhéimer como ás súas familias. Ademais, aproveita o potencial do envellecemento activo para fomentar a saúde, a autonomía e a inclusión social.

Relacionadas

A Real Academia Galega e o Museo de Pontevedra lembran esta tarde a Marcial...

0
· A musicóloga Laura Touriñán, autora do volume Marcial del Adalid e o seu legado na Real Academia Galega, presenta o libro ás 19:00...

O PSOE rexeita unha moción do BNG para paliar os efectos das enchentas...

0
Sol Seoane insta a xestionar o río coas premisas científicas e técnica deste século, avogando por facer un estudo técnico que permita eliminar  a...

A Oficina de Coordinación de Transplantes da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés...

0
― En concreto, asumíronse as doazóns de dous pulmóns, un fígado, seis riles e as ditas dúas córneas ― Nesta área sanitaria foron detectados tres...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables á Estrada e Lalín para...

0
O deputado provincial Javier Tourís reuniuse con Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada, e José Crespo, de Lalín, con motivo da visita da oficina móbil...

Baiona homenaxea aos campións do mundo de dardos

0
Iago Farto e Mauro Pazos, ambos os residentes en Baiona e, coñecidos no ámbito competitivo como Trafalgar e Mauro, lograron o título de campións...

Reggaeton Beach Festival e concello de Nigrán acordan un desconto do 50% nas entradas...

0
Nigrán prepárase para a cuarta edición de Reggaeton Beach Festival o 26 e 27 de xullo en Porto do Molle. O evento, que trae...

Publicacións Relacionadas