O BNG de Meaño ven de celebrar o pasado Luns na Casa de Cultura de Dena en Asamblea Local, a elección do novo Consello Local de Meaño co gallo do proceso asamblear da fronte nacionalista Unha única candidatura encabezada por Diego Rosal, foi presentada e elexida por unanimidade entre a militancia da asamblea meañesa.
Unha proposta da que forman parte catro membros máis, a portavoz municipal Rosana Domínguez, Iago Lourenzo, membro do Consello Comarcal, Rosa Castro e Luis Miguel Carballo, militantes de longa e comprometida traxectoria coa organización.
Este novo Consello local, que compaxina renovación con experiencia e traxectoria, ten como obxectivos continuar loitando polas demandas veciñais ao mesmo tempo que ampliar a base social e aumentar a representación na corporación municipal nas vindeiras eleccións municipais do 2027.