Home Pontevedra Caldas A Xunta destina máis de 300.000 euros para o reforzo da atención...

A Xunta destina máis de 300.000 euros para o reforzo da atención a maiores e persoas con discapacidade do concello de Valga

- Anuncio -
  • O Executivo galego investiu máis de 134.000 euros para a adquisición dun vehículo e a realización de melloras no centro de día e no CODI
  • Así mesmo, a Consellería de Política Social e Igualdade concedeu a este municipio 190.000 do plan concertado para un programa de atención á discapacidade

A Xunta de Galicia destinou o pasado ano máis de 300.000 euros ao concello de Valga para reforzar diferentes servizos de atención aos maiores e ás persoas con discapacidade. Así o sinalou a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, nunha xuntanza co rexedor deste municipio, José María Bello, na que trataron diferentes asuntos relacionados cos servizos sociais.

A conselleira sinalou que o Executivo galego destinou unha partida de máis de 134.000 euros a través de tres convenios para diferentes actuacións. Entre elas, 47.000 euros  foron destinados a financiar as obras de acondicionamento do Centro ocupacional de discapacidade (CODI) e outros 67.000 euros para a adquisición dun vehículo adaptado. Ademais, a Xunta financiou con 20.000 euros as obras de mellora do centro de día.

Nesta liña, Fabiola García destacou que o concello de Valga tamén se beneficiou de máis de 190.000 euros de achegas a través do plan concertado. Esta contía está destinada á contratación de persoal e á posta en marcha dun programa específico de atención ás persoas con discapacidade deste municipio.

Así mesmo, a conselleira fixo fincapé na colaboración entre este municipio e a Xunta de Galicia para a mellora da atención aos cidadáns. En concreto, destacou que o Executivo destina máis de 107.000 euros para financiar a gratuidade da escola infantil municipal. A maiores, sinalou que en Valga hai 55 persoas beneficiarias do bono coidado no fogar que reciben unha axuda directa de 5.000 euros anuais.

Relacionadas

Rafa Domínguez visita no Museo Reino Sofía a exposición sobre o ‘Esperpento’ ideado por...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, visitou este martes no Museo Reino Sofía de Madrid, onde se atopa como parte da delegación...

Diego Rosal, elexido novo Responsábel Local do BNG de Meaño

0
O BNG de Meaño ven de celebrar o pasado Luns na Casa de Cultura de Dena en Asamblea Local, a elección do novo Consello...

A Audiencia Nacional falla a favor do Concello de Tui na reclamación da cantidade...

0
O Ministerio de Interior deberá aboar a totalidade dos 1.276.709,34 € O Ministerio do Interior deberá aboar 1.276.709,34€ ao concello de Tui en concepto de...

A Andaina solidaria de Montes e Praias de Marín cumpre 10 anos

0
A proba foi presentada esta mañá desde un dos puntos máis bonitos do percorrido, o banco da Teoira. A actividade, que se celebrará o...

A contorna da Casa do Concello será un novo núcleo de centralidade en Soutomaior

0
O proxecto prevé a humanización de toda a contorna e a inclusión de elementos de mobiliario urbano como bancos e árbores. A contorna da Casa...

O parque de bombeiros de Ponteareas asiste en preto de novecentas intervencións

0
O parque de bombeiros do Concello de Ponteareas pechou un ano a pleno rendemento cun saldo de 881 intervencións a 31 decembro. Dezaeis profesionais...

Publicacións Relacionadas