Home Xunta de Galicia A Xunta convoca as axudas que buscan impulsar en sindicatos e organizacións...

A Xunta convoca as axudas que buscan impulsar en sindicatos e organizacións empresariais os gabinetes técnicos para promover a igualdade laboral

- Anuncio -
  • O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta convocatoria cun orzamento de 400.000 euros para cubrir os gastos de creación e/ou funcionamento ordinario destes órganos entre o 1 de novembro de 2024 e o 31 de outubro de 2025
  • O obxectivo é facilitar a promoción dos valores da igualdade de xénero e a loita contra a fenda salarial dentro dos lugares de traballo

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria de axudas da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para a creación ou mantemento de gabinetes técnicos especializados en igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial. Cun orzamento de 400.000 euros, poderán solicitarse desde mañá —día seguinte ao da publicación da orde no DOG— deica o próximo 22 de febreiro.

A convocatoria diríxese a organizacións empresariais e sindicais co gallo de apoiar a creación e/ou funcionamento destes gabinetes, que desenvolvan accións directas con empresas e persoas traballadoras na eliminación das desigualdades entre mulleres e homes no ámbito do traballo. As entidades beneficiarias verán cubertos os gastos tanto da fundación como da consolidación destes órganos entre o 1 de novembro do 2024 e o 31 de outubro de 2025.

A través destes gabinetes, promóvese a igualdade laboral en eidos como o da negociación colectiva, os procesos de selección e contratación, a clasificación profesional, a formación, a promoción profesional, as condicións de traballo e o exercicio corresponsable da vida persoal, familiar e laboral. Tamén se loita contra a infrarrepresentación feminina en determinados sectores, contra a fenda salarial e contra o acoso en todas as súas manifestacións. 

Con esta liña de apoios, a Xunta pretende ademais apoiar as empresas na definición e desenvolvemento dos plans de igualdade e dun traballo de diagnose permanente, que inclúe actividades informativas e identificación de boas prácticas. 

O obxectivo último destes impulsos é o fornecemento da igualdade de xénero como eixe arredor do cal construír unha contorna de traballo máis xusta e cunha progresiva redución da fenda salarial, con grupos especializados que poderán promover accións directas de traballo dentro das entidades para acadar a igualdade de oportunidades e salarial, sen diferencias de xénero. 

O 50% do orzamento, 200.000 euros, destinarase a asociacións empresariais, e a outro metade, outros 200.000 euros, ás organizacións sindicais intersectoriais.

Ligazón á orde no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250122/AnuncioG0767-261224-0003_gl.html

Relacionadas

O conselleiro de Ciencia loa o traballo en beneficio da sociedade das sete investigadoras...

0
Román Rodríguez considera “fundamental a I+D+i na mellora da calidade de vida” e compromete o labor da Xunta para consolidar Galicia como referente nesta...

A Xunta abre unha nova convocatoria de 250 bolsas BEME de Máster en Galicia para a mocidade galegta residente no exterior

0
A XUNTA ABRE UNHA NOVA CONVOCATORIA DE 250 BOLSAS BEME DE MÁSTER EN GALICIA PARA A MOCIDADE GALEGA RESIDENTE NO EXTERIOR O secretario xeral de...

Román Rodríguez compromete o apoio á calidade das universidades públicas con iniciativas como o primeiro selo de...

0
— Hoxe reciben esta distinción os graos en Enxeñaría Informática e en Fisioterapia da Universidade da Coruña, que obterán un financiamento extra da Xunta...

Galicia cede a Cantabria a coordinación do destino ‘España Verde cun balance 19,8 millóns...

0
Durante a xestión da comunidade galega, traballouse especialmente na proxección internacional e consolidación da marcaO acto desenvolveuse no stand de Galicia na primeira xornada...

Ángeles Vázquez anima ao alumnado de Secundaria a participar no concurso #ParqueVibras e promocionar...

0
Ángeles Vázquez salienta a importancia de concienciar á mocidade no coidado da riqueza ambiental e da biodiversidade da ComunidadeOs interesados poden enviar as súas...

A Xunta destina 3,5M€ ao apoio aos concellos coa orde de axudas para a...

0
— O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes visitou Malpica de Bergantiños para comprobar as obras realizadas no marco desta medida, que impulsou en...

Publicacións Relacionadas