Home A Coruña Ángeles Vázquez anima ao alumnado de Secundaria a participar no concurso #ParqueVibras...

Ángeles Vázquez anima ao alumnado de Secundaria a participar no concurso #ParqueVibras e promocionar os parques naturais galegos con vídeos para redes sociais

- Anuncio -
  • Ángeles Vázquez salienta a importancia de concienciar á mocidade no coidado da riqueza ambiental e da biodiversidade da Comunidade
  • Os interesados poden enviar as súas propostas para Instagram, TikTok e YouTube ata o vindeiro día 3 de marzo e os tres gañadores recibirán como premio unha excursión guiada para toda a súa clase a un destes espazos protexidos

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, animou hoxe ao alumnado de 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) a participar no concurso #ParqueVibras, que ten como obxectivo promocionar os parques naturais galegos a través de vídeos para redes sociais.

Durante a súa visita ao IES do Sar, en Santiago de Compostela, a conselleira salientou a importancia de concienciar á mocidade no coidado da riqueza ambiental e da biodiversidade da Comunidade. Nesta ocasión, a Xunta puxo en marcha un concurso no que os participantes deberán facer vídeos orixinais para Instagram, TikTok ou YouTube que se centren e inspiren nalgún dos 6 parques naturais de Galicia —Fragas do Eume; Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán; Monte Aloia; Baixa Limia-Serra do Xurés; O Invernadeiro; e Enciña da Lastra—.

Logo de explicar que o prazo para poder participar—de forma individual ou en grupo— xa está aberto e permanecerá así ata o próximo 3 de marzo, Ángeles Vázquez indicou que esta iniciativa conta cunha páxina web propia para canalizar toda a información dispoñible e xestionar as inscricións dos participantes, que se poderán facer tamén a través do centro educativo.

A maiores, a conselleira subliñou que, aínda que a temática terá que estar relacionada coa Rede de parques naturais de Galicia, os participantes terán liberdade para xestionar os contidos, que poderán incluír imaxes dalgunha ruta peonil, bailes, gráficos ou memes, entre outros elementos. Ademais, os vídeos deberán incluír no momento da súa publicación en calquera das tres redes sinaladas os seguintes hashtags obrigatorios: #ParqueVibras, #ConcursoNaturezaGalicia e #DescubreParquesGalicia.

O concurso consta de tres categorías: creatividade, viralidade e valor divulgativo. O día 22 de abril daranse a coñecer os 12 finalistas —4 para cada unha delas— e a partir de aí escolleranse os 3 vídeos premiados tendo en conta cal foi a proposta máis orixinal, a que recibiu un maior número de likes e a que contribúe a difundir mellor os valores do noso patrimonio.

Ángeles Vázquez engadiu que o 24 de maio, coincidindo co Día Europeo dos Parques Naturais, se celebrará unha gala de entrega de galardóns e os tres gañadores recibirán como premio unha excursión guiada para todos.

Relacionadas

O Concello de San Sadurniño restaurará o lavadoiro do Regueiro, en Ferreira

0
A Administración local ten solicitada unha axuda do IET para a redución de impactos paisaxísticos Os lavadoiros foron noutro tempo elementos fundamentais para a vida...

Aprobación da concesión de axudas de estudos para alumnado de segundo ciclo de educación...

0
O Concello de Carballo vén de aprobar a concesión dun total de 252 axudas ao estudo para alumnado de 2º ciclo de Educación Infantil...

A mellor banda de tributo a “Queen” e o ilusionista Dani Polo, novas incorporacións...

0
A colaboración do concello coas promotoras locais está contribuíndo ao enriquecemento da proposta cultural de Ribeira, se onte se presentaba ao cómico de sona...

Adxudicado o proxecto de remusealización do Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da...

0
Na Xunta de Goberno Local tamén foi adxudicado o novo contrato de asesoría xurídica do CIM e acordouse concorrer a tres convocatorias de subvencións...

A Coruña aposta pola cultura galega e a música internacional na súa extensa oferta...

0
Inés Rey anunciou en Fitur que Baiuca abrirá o 175 aniversario das Festas de María Pita e Luar na Lubre actuará no Festival Noroeste...

O conselleiro de Ciencia loa o traballo en beneficio da sociedade das sete investigadoras...

0
Román Rodríguez considera “fundamental a I+D+i na mellora da calidade de vida” e compromete o labor da Xunta para consolidar Galicia como referente nesta...

Publicacións Relacionadas