Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López e Rafa Domínguez convidan en Fitur, unha feira de alcance...

Luis López e Rafa Domínguez convidan en Fitur, unha feira de alcance mundial, a comprobar o regreso da arte a Pontevedra coa celebración dunha gran Bienal

- Anuncio -

O presidente provincial, acompañado polo conselleiro de Cultura, Jose López Campos, salienta no stand de Turismo de Galicia que a recuperación da bienal máis antiga de España devolverá á provincia e á súa capital á vangarda internacional da arte e da cultura

“Recuperar a Bienal permitiranos proxectar Pontevedra como un referente no circuíto cultural e atraer expertos, coleccionistas, críticos e artistas internacionais que contribuirán a difundir a nosa identidade”, subliñou o vicepresidente

Por primeira vez en 32 edicións a programación da Bienal ábrese a outros concellos da provincia: “O noso proxecto é provincial e pretendemos é implicar a toda a provincia nun acontecemento de impacto global”, defende López

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez e o conselleiro de Cultura da Xunta, Jose López Campos; vén de presentar en Fitur, a Feira Internacional de Turismo de Madrid, o regreso da Bienal de Arte de Pontevedra, a máis antiga de España, este verán despois de quince anos de ausencia cunha proposta que situará á cidade do Lérez no epicentro artístico internacional e que se estenderá por primeira vez por outros concellos da provincia. “A Bienal más antiga de España facía de Pontevedra a capital internacional da arte cada dous anos. Pero iso perdeuse hai quince anos e era algo que pagaba a pena recuperar para consolidarnos un destino turístico internacional ligado a la cultura”, explicou o mandatario provincial a magnitude da recuperación deste evento que se desenvolverá entre os meses de xuño e setembro.

No stand que Turismo de Galicia ten na feira que se celebra en Ifema tivo lugar esta tarde a presentación do regreso da Bienal de Arte de Pontevedra. Un acto conducido pola xornalista Rebeca Marín e que contou coa participación do presidente provincial Luis López e do vicepresidente e responsable do Museo de Pontevedra, Rafa Domínguez, “o verdadeiro artífice da recuperación da Bienal”, recoñeceu López. Coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e doutros membros do goberno provincial, a presentación xirou arredor dunha conversa entre os dous dirixentes e contou tamén coa proxección dunha peza audiovisual para promocionar a Bienal na que foron protagonistas os piragüistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, o alumnado da Escola de Cantería e o persoal do Museo de Pontevedra.

Unha das grandes novidades do regreso da Bienal está na inclusión dun programa de artes vivas que implicará a outros catro concellos da provincia: Ponteareas, Vigo, Sanxenxo e O Grove. “O noso proxecto é provincial, Descentralizar a programación cultural, deportiva e mesmo turística das grandes cidades. Así o fixemos co deporte, por exemplo, levando eventos globais como La Vuelta a España. E nesa liña, a árbore da Bienal estenderá as súas pólas por estes cinco concellos turísticos da provincia. Con esta iniciativa sen precedentes nos máis de 50 anos de historia da Bienal, o que pretendemos é implicar a toda a provincia nun acontecemento de impacto global”, explicou o presidente Luis López.

Ademais, recuperar este sinal de identidade da cidade de Pontevedra servirá para facer que todas as miradas do mundo da arte miren este verán cara a capital das Rías Baixas. “Recuperar a Bienal permitiranos proxectar a Pontevedra como un referente no circuíto cultural. Este tipo de eventos atraen non so público xeral, tamén a expertos, coleccionistas, críticos e artistas internacionais que contribuirán a difundir a nosa identidade cultural. Así mesmo, a programación estará deseñada para dialogar sobre tendencias globais da arte contemporánea, facendo que Pontevedra sexa vista como un punto de encontro creativo de relevancia nacional e internacional”, subliñou o vicepresidente Rafa Domínguez, quen tamén fixo fincapé en que “o contexto actual, cun interese renovado pola arte e a cultura como motores de desenvolvemento social e económico, era o momento perfecto para devolver este acontecemento a Pontevedra”.

Rías Baixas, destino internacional
Luis López sinalou a recuperación da Bienal como un revulsivo para seguir posicionando a provincia como un destino turístico internacional. “Consolidar a provincia como un destino turístico internacional desestacionalizado, descentralizado, sustentable e ligado á cultura y ao deporte é un dos nosos grandes obxectivos como goberno. E imos polo bo camiño porque o turismo estranxeiro medrou un 25 % o pasado verán e unha de cada tres persoas que nos visita vén doutros países”, puntualizou o dirixente provincial. Neste sentido, remarcou que a Deputación “segue avanzando nese camiño” con iniciativas concretas como: “o lanzamento dunha campaña de turismo que pon en valor os 61 concellos da provincia, a acollida de eventos deportivos de impacto global, a promoción do destino Rías Baixas en feiras internacionais como Madrid ou Londres ou, por suposto, coa recuperación dun emblema internacional como a Bienal de Arte”, concluíu o presidente.

La presentación terminó con una foto de familia y una visión de futuro. “Estou seguro que Pontevedra, cidade e provincia, estará en agosto chea de persoas dispostas a desfrutar de experiencias 100 % Rías Baixas. E que á xente, cando lle preguntemos cando volve, vai responder: ‘en 2027, para a próxima Bienal”, rematou Luis López.

Relacionadas

Luis Menor aposta por un turismo “sostible” no acto “Ribeira Sacra, candidatura a Patrimonio...

0
O presidente provincial ratificou o compromiso “inquebrantable e firme” da Deputación para que este territorio compartido polas provincias de Ourense e Lugo alcance a...

A Vía da Prata como experiencia completa para o viaxeiro protagoniza a campaña da...

0
O presidente provincial, #Luis Menor, destacou o impulso da institución ourensá ao itinerario xacobeo máis extenso de Galicia, que transcorre por 28 concellos da...

O concello de Ponteareas presenta en FITUR o cartel da festa do Corpus Christi

0
A festa do Corpus Christi de Ponteareas por fin está no lugar que lle pertence e vimos de presentar o cartel da edición deste...

Nova reunión informativa polo rexeitamento á nova A52 en Mos

0
Nesta ocasión o encontro tivo lugar no Pazo de Mos dirixido ás parroquias de Louredo e Mos. A próxima semana estes encontros informativos serán para...

A 3ª San Silvestre Solidaria recadou 4.365€ a beneficio da Asociación Española contra o...

0
O evento celebrado o pasado 31 de decembro, foi un éxito de participación, con case 1.900 persoas inscritas 1.900 participantes e unha recadación de 4.365...

Luis López cita a Vía Mariana e o éxito das producións filmadas na provincia...

0
O presidente provincial divulga en Fitur, en encontros con representantes nacionais e internacionais do sector turístico, os variados atractivos que consolidan á provincia como...

Publicacións Relacionadas