O presidente provincial ratificou o compromiso “inquebrantable e firme” da Deputación para que este territorio compartido polas provincias de Ourense e Lugo alcance a distinción internacional “moi pronto”
O presidente da Deputación de Ourense, #Luis Menor, puxo en valor o turismo “sostible” no acto “Ribeira Sacra, candidatura a Patrimonio Mundial e compromiso coa mobilidade sostible”, celebrado no expositor de Galicia en Fitur.
Luis Menor ratificou o compromiso “inquebrantable e firme” da Deputación de Ourense coa Ribeira Sacra, destino que cualificou como “definido, maduro e singular”, destacando tamén os “séculos de historia” que compoñen este territorio compartido entre as provincias de Ourense e Lugo.
O presidente da Deputación tamén fixo un chamamento a manter a base dun turismo “sostible”, unha meta para conservar, dixo, “a esencia da Ribeira Sacra, a esencia do coidado co que este tesouro chegou aos nosos días”.
Ademais, valorou o gran traballo realizado para realizar unha candidatura sólida #ante a Unesco, confiando en que “moi pronto” se consiga o obxectivo.