O Concello de Carballo vén de aprobar a concesión dun total de 252 axudas ao estudo para alumnado de 2º ciclo de Educación Infantil e do Conservatorio Profesional de Música (CMUS) correspondentes ao curso 2023-24. No primeiro caso serán 227 axudas, por un importe total de 45.000 euros, e no segundo, 25 bolsas por 4.511 euros. Outras 25 solicitudes foron rexeitadas por non cumprir as bases da convocatoria.
A relación de beneficiarios/as pode consultarse no anexo.