O presidente provincial participou en Santiago no acto de toma de posesión deste profesional, do que asegurou que promove investigacións con enfoque “innovador” no mundo veterinario
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou en Santiago no acto de toma de posesión do ourensán Diego Conde Gómez como como académico nº 23 nacional das Ciencias Veterinarias.
Luis Menor destacou a “longa e destacada traxectoria” no mundo da veterinaria e na investigación histórica “innovadora” que promove Diego Conde Gómez. Neste sentido, o presidente provincial puxo en valor o traballo investigador do novo académico, un saber que é “relevante” no mundo veterinario “en prol dunha sociedade máis segura”.
Diego Conde Gómez ostenta ademais a condición de Académico correspondente da Academia de Ciencias Veterinarias de España.