Home Xunta de Galicia A Xunta convoca a nova edición dos cursos para a habilitación do...

A Xunta convoca a nova edición dos cursos para a habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas

- Anuncio -
  • O DOG publica hoxe a información e o calendario das XX accións formativas previstas para 2025, que terán lugar na Academia Galega de Seguridade Pública
  • O pasado ano 615 persoas foron habilitadas a través desta iniciativa

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria dos cursos para a habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas que se van impartir en 2025. Trátase de 11 accións formativas dunha única sesión de seis horas que terán lugar na Academia de Seguridade Pública de Galicia, no concello da Estrada.

Nos cursos abórdanse aspectos básicos da normativa de espectáculos públicos e actividades recreativas, así como das de xogo, en materia de igualdade e relacionada cos horarios. O temario inclúe tamén os dereitos e deberes das persoas usuarias, dereitos fundamentais e dereito de admisión, ademais do réxime xurídico das persoas menores de idade. Medidas de seguridade, autoprotección, primeiros auxilios e o protocolo en situación de perigo son outros dos contidos previstos.

A iniciativa vai dirixida ás persoas interesadas en realizar a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, así como aos espazos e establecementos abertos ao público nos que se desenvolvan. As solicitudes de inscrición presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta (https://sede.xunta.gal). O prazo para inscribirse comeza mañá e poderá facerse ata 10 días hábiles antes das correspondentes sesións.

O pasado ano 615 persoas foron habilitadas para o control de acceso a través destes cursos. Delas, 211 foron mulleres, o que supón un terzo e demostra que cada vez é maior o número de mulleres que se dedican ao exercicio desta profesión tradicionalmente monopolizada por homes.

Esta formación substitúe as probas de coñecementos anuais e ao test psicolóxico que tiñan que superar os aspirantes antes da actualización do decreto de 2010. Deste xeito, é necesario superar igualmente unha proba de coñecementos, pero cos cursos o proceso acúrtase moito respecto ás probas anuais anteriores á aprobación do Decreto 48/2021, que derrogou o que estaba vixente desde 2010.

O Goberno galego contribuíu co novo decreto a unha regulación dos requisitos que debe cumprir o persoal de acceso máis práctica e adaptada á realidade e á normativa actual. Deste xeito, preténdese simplificar e axilizar os procesos tanto para a obtención como para a renovación da habilitación reformulando o temario da proba de coñecemento.

Entre as funcións do persoal de acceso, figuran as de controlar a entrada das persoas ao establecemento, comprobar a súa idade e identidade, controlar a adquisición da entrada ou localidade, supervisar que non se exceda a capacidade máxima autorizada, vixiar que as bebidas non sexan sacadas do local, prohibir o acceso fóra do horario de peche, e incluso, se fose necesario, auxiliar as persoas que se encontren feridas e chamar ao teléfono de emerxencias correspondente.

Relacionadas

Galicia e Xordania alíanse na promoción dos valores culturais e turísticos dos Camiños de...

0
O director de Turismo de Galicia e o director da Xunta de Turismo de Xordania asinaron un memorandos de entendemento para favorecer o intercambio...

A Xunta activa a alerta laranxa para mañá por temporal costeiro no litoral das...

0
―      Incídese na importancia de seguir as medidas de protección e de extremar as precaucións, e aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112...

A Xunta reivindica Galicia como refuxio climático natural para atraer visitas en calquera época...

0
Ángeles Vázquez salienta que o Goberno galego aspira a que a Comunidade sexa identificada como un lugar “amable, sostible e saudable” para vivir e...

A Xunta aborda na Comisión Mixta de Xustiza a aplicación en Galicia da Lei...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez y Díaz-Castroverde,...

A Xunta destaca a eficacia do programa Mellora para impulsar as oportunidades laborais dos...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou esta mañá no acto de entrega de diplomas do programa Mellora, impulsado pola...

A Xunta e o Clúster de Automoción e Mobilidade avanzan na súa colaboración para...

0
— O Goberno galego destina a esta iniciativa máis de 360.400 euros coa finalidade de impartir máis de 70 accións formativas de curta duración...

Publicacións Relacionadas