Home Xunta de Galicia A Xunta reivindica Galicia como refuxio climático natural para atraer visitas en...

A Xunta reivindica Galicia como refuxio climático natural para atraer visitas en calquera época do ano

- Anuncio -
  • Ángeles Vázquez salienta que o Goberno galego aspira a que a Comunidade sexa identificada como un lugar “amable, sostible e saudable” para vivir e desfrutar
  • Anima a practicar un turismo respectuoso co medio ambiente e enmarca a creación de ‘Galicia Refuxio Climático’ na estratexia autonómica fronte ao quecemento global, apostando pola mitigación e o impulso da infraestrutura verde en áreas urbanas
  • O expositor de Galicia en Fitur alberga unha reprodución a escala dun bosque galego representativo para que os asistentes se poidan somerxer nel con todos os sentidos

A Xunta reivindicou hoxe Galicia como un gran refuxio climático capaz de atraer visitantes durante calquera época do ano grazas á riqueza da súa natureza, paisaxes e biodiversidade, pero tamén a un compromiso medioambiental que a converte nun lugar que ofrece calidade de vida e confort a residentes e turistas.

Durante a presentación oficial da nova marca Galicia Refuxio Climático na Feira Internacional de Turismo (Fitur), un acto ao que asistiu o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, salientou que Galicia representa “calidade de vida” e está conformada por un conxunto de espazos naturais que ofrecen ao visitante “confort, seguridade e descanso”.

Tras lembrar que entre os principais motivos polos que a afluencia turística á Comunidade vai en aumento ano tras ano destacan a súa natureza e riqueza paisaxística, a gastronomía ou o carácter acolledor dos galegos, a responsable autonómica explicou que a Xunta quere que tamén sexa identificada como un lugar “amable, sostible e saudable” que invita a vivir, a desfrutar e “a quedarse” a todas as persoas que a visitan.

“Somos uns privilexiados”, subliñou a conselleira, que insistiu por iso na necesidade de “coidar” entre todos a “materia prima” e o “entorno único” cos que conta Galicia, apostando tamén por un turismo sostible e respectuoso co medio ambiente.

Neste sentido, referiuse ao intenso labor que leva desenvolvendo a Xunta nos últimos anos no marco da súa estratexia fronte ao cambio climático e grazas á cal a Comunidade xa superou os obxectivos de redución de emisións marcados por Europa para o ano 2030. Un traballo no que enmarcou, precisamente, a nova marca Galicia Refuxio Cimático, que “nace con vocación de futuro” e para consolidar esa imaxe dun territorio “verde e azul”, “máxico” e cunha meteoroloxía “benigna e amable” da que desfrutar todo o ano.

A modo de exemplo, Ángeles Vázquez lembrou que nos últimos anos a temperatura media anual en Galicia se incrementou a un ritmo notablemente inferior ao do resto do país, cunha suba de 0,2 graos anuais fronte aos 0,25 graos rexistrados a nivel nacional.

“Estamos orgullosos de que fóra das nosas fronteiras cada vez se coñeza máis a Galicia por ser como somos os galegos pero tamén por como nos abraza a natureza”, concluíu a súa intervención a conselleira, que estivo acompañada polas delegadas territoriais da Xunta na Coruña, Belén Do Campo, en Ferrol, Martina Aneiros, en Lugo, Javier Arias, en Ourense, Manuel Pardo, en Pontevedra, Agustín Reguera, e en Vigo, Ana Ortiz.

Por último e como complemento á presentación da marca, os asistentes puideron achegarse ata o expositor de Galicia onde a paisaxista Cristina García deseñou unha reprodución a pequena escala dun bosque galego con algunhas das principais especies vexetais existentes nas catro provincias. O espazo ofrece a todo aquel que o atravese a oportunidade de somerxerse, a través dunha experiencia multisensorial, nun bosque coas cores, sons e mesmo olores dun ecosistema moi representativo da Comunidade.

Penedos de Pasarela e Traba

Así mesmo, o expositor dedicado a Galicia en Fitur albergou este mediodía a presentación da Paisaxe Protexida Penedos de Pasarela e Traba, un espazo de gran valor natural localizado entre Laxe e Vimianzo, en pleno corazón da Costa da Morte, e o primeiro deste tipo en contar cun plan de xestión propio, aprobado en outubro de 2024.

Durante a súa intervención, a conselleira Ángeles Vázquez considerou que os Penedos son un bo exemplo do tipo de turismo verde, sostible e respectuoso polo que aposta Galicia, citando entre os seus principais atractivos a singularidade e o valor da súa xeomorfoloxía, a riqueza da biodiversidade e unha situación xeográfica privilexiada que, de feito, o converte nun “balcón natural ao Atlántico”.

Un espazo natural único, en definitiva, do que quixo destacar en especial o seu “carácter máxico”, moi representativo dunha Galicia coñecida tamén fóra das súas fronteiras por ser fonte de inspiración de contos, historias e lendas.

Ademais da conselleira, cómpre subliñar que tamén interviñeron no acto de presentación en Fitur o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e mais os rexedores dos concellos coruñeses de Vimianzo e Laxe.

Relacionadas

Galicia e Xordania alíanse na promoción dos valores culturais e turísticos dos Camiños de...

0
O director de Turismo de Galicia e o director da Xunta de Turismo de Xordania asinaron un memorandos de entendemento para favorecer o intercambio...

A Xunta activa a alerta laranxa para mañá por temporal costeiro no litoral das...

0
―      Incídese na importancia de seguir as medidas de protección e de extremar as precaucións, e aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112...

A Xunta aborda na Comisión Mixta de Xustiza a aplicación en Galicia da Lei...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez y Díaz-Castroverde,...

A Xunta convoca a nova edición dos cursos para a habilitación do persoal de...

0
O DOG publica hoxe a información e o calendario das XX accións formativas previstas para 2025, que terán lugar na Academia Galega de Seguridade...

A Xunta destaca a eficacia do programa Mellora para impulsar as oportunidades laborais dos...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou esta mañá no acto de entrega de diplomas do programa Mellora, impulsado pola...

A Xunta e o Clúster de Automoción e Mobilidade avanzan na súa colaboración para...

0
— O Goberno galego destina a esta iniciativa máis de 360.400 euros coa finalidade de impartir máis de 70 accións formativas de curta duración...

Publicacións Relacionadas