Home Pontevedra O BNG de Vigo urxe reactivar o Consello Sectorial de Urbanismo antes...

O BNG de Vigo urxe reactivar o Consello Sectorial de Urbanismo antes da aprobación definitiva do novo PXOM

- Anuncio -

A fronte nacionalista pide constituír este organismo obrigatorio con representación dos axentes urbanísticos e do tecido social para contar cun Plan Xeral con participación

Xabier P. Igrexas: “É a derradeira oportunidade para que o Goberno de Caballero rectifique a tramitación dun PXOM que marcou todos os récords de opacidade”

O Bloque Nacionalista Galego urxe constituír e reactivar o Consello Sectorial de Urbanismo para poñer fin á “opacidade” do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Vigo antes da súa aprobación definitiva. A fronte nacionalista chama a poñer en marcha este organismo consultivo, de carácter obrigatorio e con representación dos axentes urbanísticos e do tecido social e veciñal, emendar a falla de transparencia que marcou a tramitación do Plan. 

“Con esta solicitude dámoslle ao Goberno de Abel Caballero unha derradeira oportunidade de rectificar e sacar o novo PXOM da escuridade dos despachos no que foi elaborado, de costas á cidade e ao ditado dos poderosos intereses dos de sempre”, afirmou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas.

Dende o Bloque lembraron ademais que este Consello Sectorial de Urbanismo é un dos entes obrigatorios recollidos no vixente Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Vigo no seu artigo 41. Un espazo “óptimo”, destacou Igrexas, para que Vigo conte cun PXOM elaborado con diálogo e participación de todas e todos os vigueses e para toda a veciñanza da cidade.


“Suporá emendar, inda que tarde, unha tramitación do Plan Xeral que marcou todos os récords de falla de transparencia, cunha equipa redactora que só compareceu 3 veces e cunha nula atención dos millares de alegacións veciñais recibidas”, defendeu o portavoz municipal do BNG.

Igrexas reiterou tamén a necesidade de que o novo PXOM aposte nun Vigo máis sustentábel a nivel medio ambiental, mellor vertebrado territorialmente “deixando de castigar os barrios e parroquias como periferia”, cunha nova mobilidade que pivote no transporte público e garantindo o dereito á vivenda, mobilizando as máis de 22 mil vivendas baleiras que existen nun parque público de vivenda protexida e social.

Relacionadas

O BNG reclama políticas de reactivación industrial da Xunta en Vigo ante a continua...

0
A fronte nacionalista alerta da crise industrial que atravesa a cidade con 1.800 postos de traballo menos en actividades do sector no último ano,...

Ramón Villares inaugura en Redondela o Ano Castelao

0
O Concello de Redondela abriu onte as actividades para conmemorar o Ano Castelao cunha charla do catedrático de Historia Ramón Villares na que participou...

A vicepresidenta da Deputación asiste ao coloquio organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia...

0
A vicepresidenta primeira e responsable das áreas de Economía e Impulso ao Emprego da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe ao almorzo coloquio...

O Concello de Soutomaior impulsa a terceira edición do programa ‘Enredadas’ de ...

0
A risoterapia, clases de zumba, de pilates, obradoiros de arte floral e a alimentación saudable, serán as protagonistas desta nova edición de Enredadas. Actividades,...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables ata O Grove para informar...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou o concello coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

Luis López tende a man da Deputación para colaborar na seguridade cidadá nunha reunión...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de manter un encontro de traballo co novo coronel xefe da Comandancia da Garda Civil...

Publicacións Relacionadas