Home Vigo Mos Mos habilita un dispositivo especial para o rexistro de alegacións veciñais...

Mos habilita un dispositivo especial para o rexistro de alegacións veciñais contra a nova A52.

- Anuncio -

Un total de 6 traballadores municipais están traballando a tempo completo nesta tarefa.

A plataforma DefendeMos está a recoller alegacións en máis de 8 puntos, aos que se suman os edificios e instalacións municipais dependentes do Concello de Mos.

O Concello de Mos ten adicados todos os seus esforzos no rexeitamento rotundo á nova A52 que o Ministerio de Transportes e mobilidade sostible do Goberno de España ven de presentar para exposición pública hai poucas semanas.

O tempo é limitado, por iso os servizos municipais están a pleno rendemento a xornada completa coa intención de dar entrada e rexistro a todas as alegacións que de forma masiva está presentado a veciñanza.

Do mesmo xeito o Concello de Mos xa ten cursada unha solicitude de colaboración ao rexistro da Deputación Provincial de Pontevedra coa intención de que a colaboración entre administracións facilite que a cidadanía poida expresar a súa postura ate a afección dunha nova autovía no territorio de Mos.

Por outra banda, ante as dificultades para rexistrar alegacións expresadas en varios encontros pola plataforma de “Bembrive en pé”, que está a encabezar as mobilizacións e recollida en diferentes puntos da contorna, o Concello de Mos tende a man a estes afectados para o rexistro e traslado ao ministerio de transportes e Mobilidade sostible das alegacións recollidas por eles.

A coordinación e colaboración entre todos os afectados e afectadas por esta novo vial e máxima, polo que se prevé que nestes próximos días ata que remate o prazo de presentación se intensifiquen ao máximo todas as iniciativas.

Non existe teito ao obxectivo marcado para ofrecer unha reposta veciñal o máis contundente posible, o que sis e sabe e que neste momento, cando restan 7 días hábiles para a presentación das mesmas, o concello de Mos xa ten recibidas máis de 6.000, un número que na próxima semana contan con se sexa amplamente multiplicado.

De forma paralela á recollida masiva de alegacións ao proxecto, seguen a celebrarse en Mos reunión informativas sobre a afección do proxecto en todas as parroquias, e a comisión de seguimento constituída o pasado 13 de xaneiro segue a manter encontros continuados para a coordinación de todos os seus integrantes na toma de decisións conxuntas.

Tamén existe previsión de que nos próximos días se fale da A52 en diferentes institucións, será o mércores 29 de xaneiro cando no pleno do Parlamento de Galicia se fale sobre esta nova autovía, debate no que se conta que exista presencia de veciños afectados. Posteriormente, o venres día 31 terá lugar un pleno extraordinario e monográfico no Concello de Mos, cunha concentración cidadá na praza da casa consistorial.

En definitiva o Municipio de Mos ten a inmensa maioría das súas forzas sociais, institucionais, políticas e veciñais centrados nesta primeira fase de defensa ao seu territorio, recollendo alegacións veciñais e que dará paso no futuro a outro tipo de accións.

Relacionadas

As Neves presenta a súa XXXII Feira do Requeixo e Mel en FITUR...

0
Hoxe, no marco da prestixiosa Feira Internacional de Turismo (FITUR), o alcalde de As  Neves, José Manuel Alfonso, deu a coñecer a XXXII edición...

Tui inicia en FITUR a promoción da conmemoración do 800 aniversario da Catedral

0
O Concello de Tui está presente en FITUR, a Feira Internacional de Turismo, para promocionar turísticamente o municipio e buscar novas alianzas. Aos grandes...

Tui acada o apoio de Paradores á conmemoración do oitavo centenario da Catedral

0
Foi no encontro mantido en FITUR O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Turismo, Ana Núñez, reuníronse esta tarde coa directora de...

A vicepresidenta da Deputación asiste á preestrea do documental da Fundación Celta sobre a...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, acudiu este xoves nos Cinemas Tamberlick de Vigo á preestrea de ‘Cielo y Arena’, un documental da Fundación Celta e...

Redondela participa na presentación do grupo Galicia Suroeste e a nova campaña “Para Lembrar”

0
- O grupo Galicia Suroeste, do que forma parte o Concello de Redondela, presentou en FITUR a súa nova marca e a campaña ‘Para...

Luis López sinala á lamprea como símbolo dos tesouros do interior das Rías Baixas,...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo Nava Castro, asiste en Fitur ás presentacións do Club da Lamprea do Condado e a Paradanta,...

Publicacións Relacionadas