Home Xunta de Galicia A Xunta activa a alerta laranxa para mañá por temporal costeiro no...

A Xunta activa a alerta laranxa para mañá por temporal costeiro no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra

- Anuncio -
  • ―      Incídese na importancia de seguir as medidas de protección e de extremar as precaucións, e aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese
  • ―      Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, o Goberno galego informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros
  • Suspéndese a actividade no exterior nos centros educativos e a actividade deportiva federada e do programa Xogade en 15 concellos da Mariña lucense e en case unha vintena da montaña de Ourense
  • A actividade deportiva tamén se cancela no mar nos concellos afectados polo temporal costeiro

A Xunta vén de activar para mañá a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra.

Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a  Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, informou da situación a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) fenómeno meteorolóxico adverso estará activo desde o mediodía de mañá no noroeste e oeste da Coruña, estendéndose pola tarde ao suroeste da costa coruñesa e ao litoral de Pontevedra por ventos do sur ou suroeste de forza 8 e mar combinada do oeste ou noroeste con ondas de ata seis metros. Na Mariña lucense o nivel e aviso será amarelo por ventos de forza 7.

A maiores, debido a un fenómeno meteorolóxico adverso por vento de nivel laranxa para o venres 24 nas zonas da Mariña de Lugo e a montaña de Ourense, vén de reunirse a Comisión Escolar de Alertas, que acordou suspender mañá as actividades no exterior dos centros educativos radicados nestas zonas. Os concellos afectados poden consultarse no mapa de zonas climáticas de MeteoGalicia. Trátase de 15 concellos na Mariña e 19 na Montaña de Ourense. Do mesmo xeito, a Secretaría Xeral para o Deporte da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes anunciou a suspensión da actividade deportiva federada e as do programa Xogade que se realicen no exterior nestas zonas, así como o a actividade deportiva federada no mar nos concellos afectados polo temporal costeiro.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes e paseos marítimos. Tamén que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Ademais, sinálase a importancia de retirar os obxectos que poidan caer á rúa desde os tellados, balcóns e fiestras, e evitar pasar preto de edificios en ruínas ou en construción, de árbores, de paneis publicitarios e de obxectos susceptibles de desprazarse con vento.

Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.

Relacionadas

Galicia e Xordania alíanse na promoción dos valores culturais e turísticos dos Camiños de...

0
O director de Turismo de Galicia e o director da Xunta de Turismo de Xordania asinaron un memorandos de entendemento para favorecer o intercambio...

A Xunta reivindica Galicia como refuxio climático natural para atraer visitas en calquera época...

0
Ángeles Vázquez salienta que o Goberno galego aspira a que a Comunidade sexa identificada como un lugar “amable, sostible e saudable” para vivir e...

A Xunta aborda na Comisión Mixta de Xustiza a aplicación en Galicia da Lei...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez y Díaz-Castroverde,...

A Xunta convoca a nova edición dos cursos para a habilitación do persoal de...

0
O DOG publica hoxe a información e o calendario das XX accións formativas previstas para 2025, que terán lugar na Academia Galega de Seguridade...

A Xunta destaca a eficacia do programa Mellora para impulsar as oportunidades laborais dos...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou esta mañá no acto de entrega de diplomas do programa Mellora, impulsado pola...

A Xunta e o Clúster de Automoción e Mobilidade avanzan na súa colaboración para...

0
— O Goberno galego destina a esta iniciativa máis de 360.400 euros coa finalidade de impartir máis de 70 accións formativas de curta duración...

Publicacións Relacionadas