Home Xunta de Galicia Galicia e Xordania alíanse na promoción dos valores culturais e turísticos dos...

Galicia e Xordania alíanse na promoción dos valores culturais e turísticos dos Camiños de Santiago e de Exeria

- Anuncio -
  • O director de Turismo de Galicia e o director da Xunta de Turismo de Xordania asinaron un memorandos de entendemento para favorecer o intercambio de culturas entre os dous pobos
  •  Na segunda xornada de Fitur 2025, sucedéronse as presentacións de destino, produtos e atractivos turísticos e varios Camiños de Santiago

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o director xeral da Xunta de Turismo de Xordania, Abdulrazzaq Al Arbiyat, asinaron esta mañá un memorando de entendemento co fin de establecer alianzas estratéxicas na promoción dos Camiños de Santiago e de Exeria. Os dous asinantes recoñecen así a súa vontade de establecer liñas de colaboración conxunta que favorezan o intercambio de coñecemento e de cultura entre os pobos a través dun fenómeno como á peregrinación.

Para iso, desenvolveranse itinerarios culturais que recollerán aspectos históricos, a dimensión espiritual, a mellora do coñecemento entre as sociedades, a sostibilidade e o intercambio de coñecemento que supón a experiencia dos dous itinerarios de peregrinación.

O director de Turismo de Galicia salientou que a comunidade galega e o país xordano teñen na figura de Exeria, a primeira muller peregrina, un nexo común, cando na súa peregrinación Terra Santa visitou o Monte Nebo e o río Xordán.

Xosé Merelles amosouse convencido de que a sinatura deste memorando será o comezo dunha relación moi frutífera que incluirá o deseño de accións de fomento das dúas culturas e a proxección dos dous itinerarios de peregrinación.

Segunda xornada Fitur 2025

A sinatura desta alianza tivo lugar no stand de Galicia en Fitur, onde por segundo día, se sucederon presentacións de destino por parte de administracións e entidades. O director de Turismo de Galicia participou nas presentacións de varios itinerarios xacobeos coma o Camiño Portugués da Costa, o  Camiño Francés ou o Fisterra-Muxía; atractivos coma os Penedos da Costa da Morte, a media maratón Entre Rías ou o termalismo; destinos coma Barbanza Arousa, Rías Baixas, a cidade de Santiago de Compostela e finalmente, valores da gastronomía galega coma os viños de Valdeorras,

Relacionadas

A Xunta activa a alerta laranxa para mañá por temporal costeiro no litoral das...

0
―      Incídese na importancia de seguir as medidas de protección e de extremar as precaucións, e aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112...

A Xunta reivindica Galicia como refuxio climático natural para atraer visitas en calquera época...

0
Ángeles Vázquez salienta que o Goberno galego aspira a que a Comunidade sexa identificada como un lugar “amable, sostible e saudable” para vivir e...

A Xunta aborda na Comisión Mixta de Xustiza a aplicación en Galicia da Lei...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez y Díaz-Castroverde,...

A Xunta convoca a nova edición dos cursos para a habilitación do persoal de...

0
O DOG publica hoxe a información e o calendario das XX accións formativas previstas para 2025, que terán lugar na Academia Galega de Seguridade...

A Xunta destaca a eficacia do programa Mellora para impulsar as oportunidades laborais dos...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou esta mañá no acto de entrega de diplomas do programa Mellora, impulsado pola...

A Xunta e o Clúster de Automoción e Mobilidade avanzan na súa colaboración para...

0
— O Goberno galego destina a esta iniciativa máis de 360.400 euros coa finalidade de impartir máis de 70 accións formativas de curta duración...

Publicacións Relacionadas