Home A Coruña Mariñas Coruñesas, recoñecida como exemplo de boas prácticas polo Club de Ecoturismo...

Mariñas Coruñesas, recoñecida como exemplo de boas prácticas polo Club de Ecoturismo de España

- Anuncio -

• A Reserva acorda en FITUR potenciar a colaboración co Club de Ecoturismo de España. Mariñas Coruñesas candidata a ser o exemplo español no Foro Mundial do Sector.

• As empresas do territorio contarán cunha tutorización para integrarse na plataforma Son Ecoturista e poder comercializar os seus produtos e experiencias por internet.

A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas é recoñecida polo Club de Ecoturismo de España, entidade estatal que canaliza o sector, polas súas boas prácticas. Por iso, o seu modelo de funcionamento poderá levar ao foro mundial do ecoturismo, principal evento do sector a nivel global

No marco de FITUR, a delegación da Reserva mantivo un encontro co Club de Ecoturismo de España na que se acordou unha folla de roteiro conxunto para a cita, que se celebrará no mes de outubro en Barcelona. O presidente de Mariñas Coruñesas, José Antonio Santiso, reuniuse con Ana Chairo, presidenta do Club, para definir a colaboración para realizar. Tamén estiveron presentes os xerentes das dúas entidades, Diego López e Amanda Guzmán, respectivamente.

O Club de Ecoturismo distinguiu a Mariñas Coruñesas como exemplo no ámbito da colaboración público-privada e na compensación da pegada turística. “É o primeiro Destino de Ecoturismo español que está a traballar na creación dunha bolsa de proxectos ambientais e de uso público para os veciños/as dos seus 17 concellos”, destacaron as representantes da entidade.

O obxectivo que se persegue é que este modelo turístico contribúa a mellorar o espazo visitado: a través de proxectos de compensación da pegada de carbono, a mellora paisaxística, patrimonial e da biodiversidade, a loita contra as especies exóticas invasoras, o fortalecemento da educación ambiental, e por suposto, permitirá a recuperación de espazos degradados para toda a poboación local.
As boas prácticas recoñecidas á Reserva poderíanse levar ao Foro como exemplo a nivel España. No encontro avaliaranse as dúas décadas transcorridas desde a Convención de Quebec e abordaranse os retos actuais do ecoturismo para planificar os próximos 10 anos.
“Estamos orgullosos de que o traballo desta Reserva tan nova xa teña o recoñecemento do sector a nivel nacional e internacional e queremos ser partícipes do desenvolvemento do ecoturismo como estratexia global”, sinala Santiso. O presidente reafírmase en que “é posible un turismo diferente, sen masificacións, en sintonía co medio ambiente e que sirva de mellora da contorna a nivel local”.

Formación para empresas da Reserva

No encontro entre a Reserva e o Club de Ecoturismo de España tamén se acordou unha colaboración para formar ás empresas turísticas do territorio certificadas na marca para favorecer a súa integración na plataforma de comercialización de produtos e experiencias que dispón Son Ecoturista. Trátase dunha ferramenta dixital moi potente para impulsar o destino.
Esta colaboración incluirá unha tutorización para as empresas interesadas, dentro do programa anual de formación en calidade que realiza Mariñas Coruñesas. “A plataforma supón unha vía idónea para desestacionalizar o turismo e para que as empresas locais obteñan un retorno económico real”, explica Santiso.

O presidente entregou ás representantes da entidade estatal a nova Guía de Excelencia de Ecoturismo de Mariñas Coruñesas. A presidenta recoñeceu o resultado da publicación porque é a primeira que unha entidade realiza en España, polo que será referente para que outros destinos de ecoturismo poidan seguir este modelo.

Relacionadas

A rúa Mendiño de Ribeira renóvase con plataforma única e espazos verdes

0
Esta semana concluíron as obras de renovación da rúa Mendiño, unha actuación que supuxo un investimento de 109.122 euros, financiadas con fondos Next Generation. Na...

Rosón e Muíños instan á Xunta a retirar do rexistro autonómico as vivendas de...

0
▪ Defenderán no pleno do vindeiro xoves unha proposición coa que reclamarán tamén ao Concello que emprenda “todas as accións necesarias” para garan=r que...

Abegondo reabriu hoxe o centro social de Viós tras a renovación realizada

0
· Ao acto de apertura acudiu o alcalde, José Antonio Santiso, xunto a numerosos veciños da parroquia, e membros do goberno local. · A actuación...

O Servizo de Normalización Lingüística organiza novos obradoiros de acollemento lingüístico e de preparación...

0
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo pon en marcha unha nova edición dos obradoiros de acollemento lingüístico e de preparación das...

O Concello reforzou os recursos sociais durante a alerta laranxa por choivas e temporal...

0
O Centro Municipal de Atención Continuada acolleu a 34 persoas e ampliouse o horario do servizo de atención social na rúa Durante a alerta laranxa...

A curtametraxe de promoción turtística da Coruña ‘Ao Noroeste do Oeste’ supera as 250.000...

0
O vídeo creado por Javier Veiga foi unha das sensacións audiovisuais desta edición de Fitur A curtametraxe ‘Ao Noroeste do Oeste’, encargada polo Concello e...

Publicacións Relacionadas