Home Xunta de Galicia A Xunta colabora con 79 entidades en 143 programas sociais dirixidos á...

A Xunta colabora con 79 entidades en 143 programas sociais dirixidos á xuventude e ao voluntariado

- Anuncio -

— A resolución destas axudas dotadas con 1,6M€ con cargo ao 0,7% do IRPF acaba de publicarse no Diario Oficial de Galicia

— A iniciativa inclúe tamén outros 29 proxectos de investimento en locais e adquisición de material para equipamentos xuvenís e de acción voluntaria

— López Campos agradeceu a implicación de Cruz Vermella, que desenvolverá oito programas ao abeiro destas subvencións no eido da saúde, a violencia, o acoso escolar, as condutas aditivas, a participación social, o medio rural ou a mocidade

A Xunta de Galicia colaborará con 79 entidades no impulso de 143 programas sociais dirixidos á xuventude e ao voluntariado. Así o anunciou hoxe o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, nunha visita á sede na Coruña de Cruz Vermella, unha das entidades incluídas nesta orde de axudas. Trátase dunha liña de subvencións que, tal e como explicou o responsable autonómico de Xuventude, conta cun orzamento de 1,6M€ con cargo ao 0,7% do IRPF e cuxa resolución acaba de publicarse no Diario Oficial de Galicia.

Concretamente, un total de 24 entidades xuvenís impulsarán 59 iniciativas ao abeiro da convocatoria deste ano, mentres que 55 grupos de acción voluntaria levarán a cabo 84 propostas. No seu conxunto inclúense proxectos que fomentan o cambio social, o emprendemento mozo, a prevención da violencia de xénero, o acoso ou as condutas aditivas, a mellora dos hábitos saudables, os valores cívicos ou a igualdade, entre outros.

“Este é un programa esencial para Galicia que permite poñer en marcha iniciativas a prol dos mozos e mozas”, afirmou o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, antes de agradecer a “colaboración a implicación” de todas as entidades incluídas na convocatoria deste ano. Unha destas entidades é precisamente aCruz Vermella que visitou xunto coa presidenta en Galicia, Mercedes Casanova, e a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, e que, ao abeiro desta liña de axudas, porá en marcha oito programas no eido de saúde, a violencia, o acoso escolar, as condutas aditivas, a participación social ou medio rural ou a mocidade.

Ademais do desenvolvemento de proxectos, López Campos lembrou que, “como novidade nesta convocatoria” tamén se apoian actuacións destinadas a mellorar os equipamentos das entidades xuvenís e das de acción voluntaria. En concreto, ao abeiro das axudas colaborase cunha trintena de iniciativas dirixidas a renovar o equipamento dixital, mellorar a accesibilidade, acondicionar locais ou coa adquisición de vehículos para fomentar a realización de actividades xuvenís e de voluntariado nas zonas rurais.

Iniciativas subvencionadas
Nestas subvencións priorízanse, con respecto á area de xuventude, aqueles programas que difundan hábitos de vida saudable entre a mocidade. De igual xeito, tamén son obxecto destas axudas aqueles proxectos que procuran a mellora da empregabilidade da xente nova ao igual que aquelas iniciativas de educación non formal que faciliten a súa integración social.

No ámbito de accións destinadas ao voluntariado, valóranse as iniciativas que fomentan a participación activa en entidades destas características. Tamén acceden a esta subvención aqueles programas dirixidos á formación das persoas voluntarias e tamén aqueles que teñan como finalidade sensibilizar a poboación en xeral sobre a importancia da acción voluntaria e o seu recoñecemento como axente de cambio e transformación social.

Relacionadas

A Xunta activa na madrugada do domingo a alerta vermella no litoral costeiro da...

0
― Desde esta madrugada estará activa a alerta laranxa en toda a costa galega por temporal costeiro, así como en zonas da Coruña e...

Portos de Galicia autoriza ao Concello de Cambados a substitución de árbores na alameda...

0
A Xunta de Galicia, a través de Portos de Galicia, vén de remitir ao Concello de Cambados sendas autorizacións administrativas para actuacións de carácter...

A Xunta alleou 27 lotes de madeira por un millón de euros nunha poxa...

0
Os importes acadados manteñen a tendencia dos prezos da madeira de coníferas en anteriores ocasións, sendo previsible que continúen nestes niveis dado que está...

Lorenzana destaca o apoio da Xunta para reducir a factura eléctrica dos negocios e...

0
— A conselleira explica que foi beneficiaria do Bono Enerxía Peme o ano pasado e que “é un exemplo da implicación das nosas pemes...

A Xunta destaca a Susi Gesto como exemplo paradigmático de remuda xeracional no sector artesanal e de innovación na ourivería tradicional

0
― Adherida ao selo Artesanía de Galicia, a artesá combina tradición e contemporaneidade ao actualizar deseños clásicos como os sapos e incorporar materiais innovadores,...

Galicia pecha a súa presenza en FITUR con dúas propostas para continuar avanzando en...

0
Galicia puxo fin ás xornadas de presentación de destino de Fitur 2025 dirixidas ao sector profesional do ámbito turístico con dúas propostas que permiten...

Publicacións Relacionadas