Home Xunta de Galicia O Gaiás despide a exposición ‘Outras historias posibles’ que inicia en Pontevedra...

O Gaiás despide a exposición ‘Outras historias posibles’ que inicia en Pontevedra a súa itinirancia por Galicia

- Anuncio -
  • A primeira parada de 2025 será no Café Moderno Afundación, grazas a unha colaboración entre a Xunta de Galicia e a Obra Social Abanca
  • A mostra péchase tras recibir 56.000 persoas nun ano no que o Gaiás acada o récord de participantes en actividades culturais de 261.000 persoas
  • ‘Outras historias posibles’ aposta por construír un relato máis diverso e integrador da arte galega traendo ao presente as obras e traxectorias de seis artistas que despuntaron nos anos 80 do século pasado

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude clausura este domingo 26 de xaneiro no Museo Gaiás Outras historias posibles, exposición que reclama para as novas xeracións o talento de seis mulleres que despuntaron a finais do pasado século XX na arte contemporánea feita en Galicia: Ana García Pan, Emilia Guimeráns, Anne Heyvaert, Tusi Sandoval, Blanca Silva e Laura Terré.

A mostra péchase na Cidade da Cultura tras recibir 56.000 visitas, unha cifra que seguirá medrando coa itinerancia, e que se encadra nun ano no que acadou o Gaiás acadou seu récord de visitas ao sumar máis de 261.000 persoas entre o seu programa expositivo e actividades culturais, debido ao pulo das exposicións Tesouros Reais, Unha vida viquinga e Tattoo. Arte baixo a pel.

Comisariada pola profesora e investigadora da Universidade de Vigo, Susana Cendán, Outras historias posibles continuará a viaxar por centros culturais da xeografía galega sumando espazos nos que celebrar a diversidade do talento. Deste xeito, a mostra inicia agora a súa itinerancia por Galicia cunha primeira parada no Café Moderno Afundación, en Pontevedra, grazas á colaboración entre a Xunta de Galicia e a Obra Social Abanca.

Derrubar o mito do ‘xenio-artista’ individual

Pinturas, esculturas, xilografías e debuxos configuran un percorrido que permite apreciar o devir de cada artista, sen obviar o impacto do contexto social e persoal nos camiños que decidiron tomar e na visibilidade das súas traxectorias. A maternidade, os roles de xénero, ou mesmo as correntes dominantes no mercado e na crítica artística da época son aspectos que Outras historias posibles integra e fai explícitos, desbotando o mito do ‘xenio-artista’ individual.

A pluralidade do talento móstrase en Outras historias posibles nas pinturas cosidas con coiro de Tusi Sandoval, nos xogos coa nosa percepción dos óleos e debuxos de Anne Heyvaert, no compromiso social contracorrente de Laura Terré, no explosivo uso da cor de Ana García Pan, no anhelo de plasmar os soños de Blanca Silva e na constante experimentación co material cerámico de Emilia Guimeráns.

Tamén nas entrevistas realizadas especificamente para a mostra, que revelan a diversidade de intereses vitais e profesionais destas seis creadoras extraordinarias.

O exquisito traballo de revisión e contextualización de Susana Cendán apréciase non só na coidada selección das pezas e entrevistas, senón na edición do catálogo que acompaña o proxecto. Unha obra que engade, desde o rigor, enriquecedores relatos e referentes ao discurso hexemónico da historia da arte contemporánea galega.

Relacionadas

A Xunta amplía a alerta vermella por temporal costeiro mañá ao suroeste da Coruña...

0
― O aviso vermello xa estaba activo para a última hora desta tarde no noroeste e o oeste da provincia da Coruña ― Continúa activa...

Portos de Galicia exime ao concello de Poio do pago das taxas pola escola...

0
Portos de Galicia aprobou a exención de taxas ao Concello de Poio pola ocupación do edificio e as instalacións da escola de remo de...

María José Gómez salienta a importancia das poxas degando como punto de encontro da calidade para...

0
― A titular do departamento lembrou que o Goberno autonómico conta cunha liña de achegas dotada con 150.000 euros para a realización de certames...

A Xunta activa a nova edición das unidades formativas con 8 M€ para atender as necesidades...

0
― O Diario Oficial de Galicia vén de publicar este venres a orde destes apoios que permiten desenvolver accións formativas flexibles e á demanda...

A Xunta activa na madrugada do domingo a alerta vermella no litoral costeiro da...

0
― Desde esta madrugada estará activa a alerta laranxa en toda a costa galega por temporal costeiro, así como en zonas da Coruña e...

Portos de Galicia autoriza ao Concello de Cambados a substitución de árbores na alameda...

0
A Xunta de Galicia, a través de Portos de Galicia, vén de remitir ao Concello de Cambados sendas autorizacións administrativas para actuacións de carácter...

Publicacións Relacionadas