Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López anuncia que a Deputación aproba os primeiros 1,7 millóns de...

Luis López anuncia que a Deputación aproba os primeiros 1,7 millóns de euros ao abeiro do Plan +Provincia 2025 que beneficiarán a 13 concellos da provincia

- Anuncio -

Os novos recursos permitirán que Arbo, Forcarei, A Illa de Arousa, Moraña, As Neves, Oia, Pontecesures, Portas, Rodeiro, Salvaterra de Miño, Sanxenxo e Vilaboa contraten a 120 persoas e que Ponteareas afronte novos investimentos.

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou hoxe en conferencia de prensa a aprobación das primeiras achegas do Plan +Provincia 2025, o “programa provincial récord de obras e servizos” por un valor de preto de 1,7 millóns de euros que que permitirán que 13 concellos da provincia impulsen novos investimentos e contraten a 120 persoas ao abeiro. Desta maneira, beneficiaranse destes recursos Arbo, Forcarei, A Illa de Arousa, Moraña, As Neves, Oia, Ponteareas, Pontecesures, Portas, Rodeiro, Salvaterra de Miño, Sanxenxo e Vilaboa. “Comezamos, só tres semanas despois de abrir o prazo de solicitude, a mover recursos deste plan, co que queremos seguir tendendo pontes de colaboración cos concellos para sustentar o labor municipal e facilitar a execución de investimentos estratéxicos”, asegurou o presidente provincial, Luis López.

No marco da liña 1, de investimentos, a Xunta de Goberno aprobou 171.683 euros para que o Concello de Ponteareas financie parte das obras de rehabilitación enerxética da residencia de maiores, que teñen un orzamento total de 809.513 euros, que se completará cunha achega do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana ao abeiro do Programa de Impulso de Rehabilitación de Edificios Públicos (PIREP).

Ao abeiro da liña 3, de activación de emprego, a institución provincial aproba 1,5 millóns de euros para a contratación de 120 persoas desempregadas nos concellos de Arbo, Forcarei, A Illa de Arousa, Moraña, As Neves, Oia, Pontecesures, Portas, Rodeiro, Salvaterra de Miño. En concreto, Arbo recibirá 99.130 € para contratar a 12 traballadores como peóns forestais (4), peóns de horticultura (3), peóns mantedores de edificios (3) e axudantes de tarefas no fogar (2); Forcarei 129.425 € para 9 persoas que ocuparán os postos de oficiais de 1ª albaneis (2), condutores de tractor (2), peóns forestais (2), peóns de obras públicas (2) e peón de recollida de lixo (1); A Illa de Arousa 95.458 € para 14 traballadores, entre eles operarios de servizos múltiples (12), auxiliar administrativo (1) e guía-informador turístico (1); Moraña 105.650 € para 7 traballadores que realizarán funcións de peóns forestais (3), tractorista (1), peón transportista (1), albanel oficial de 1ª (1) e monitor de servizos á comunidades (1), e As Neves recibirá 120.619 € para contratar a 9 traballadores como peóns de recollida de lixo (2), peóns forestais (2), peóns de obras públicas (2), auxiliar administrativo (1), fontaneiro (1) e xardineiro (1).

Ademais, Oia contará con 101.405 € para contratar a 7 traballadores como peóns forestais (4), albaneis (2) e condutor operador de maquinaria forestal (1); Pontecesures con 79.175 € para 4 traballadores como peóns de obras públicas (2), arquitecto (1) e limpador (1); Portas con 85.418 € para 6 traballadores que desenvolverán funcións de limpadores (2), condutores (2), varredor (1) e peón en xeral (1); Rodeiro 122.701 € para 12 traballadores como peóns de servizos diversos (7), técnicos de educación infantil (2), educador social (1), auxiliar administrativo (1) e traballador social (1); Salvaterra de Miño con 222.667 € para cubrir 17 postos de mozos de recollida de lixo (3), técnicos informadores en turismo (2), condutores (2), oficiais albaneis (2), varredor (2), peóns forestais (2), bibliotecario (1), fontaneiro (1), peón de limpeza (1) e cobrador (1); Sanxenxo con 109.917 € para contratar a 17 traballadores que ocuparán os postos de auxiliares administrativos (7), peóns de obras públicas en xeral (6) e peóns de limpeza e mantemento (4), e Vilaboa recibirá 109.917 € para contratar a 6 traballadores como peóns forestais (2), operarios de maquinaria forestal (2) e albaneis (2).

Relacionadas

O BNG demandará no Pleno de Vigo que o goberno do Estado aprobe un...

0
A fronte nacionalista critica o “espectáculo lamentábel” que están a ofrecer PP e PSOE xogando de maneira irresponsábel con cuestións de enorme importancia para...

A Deputación inaugura este venres no Palacete das Mendoza unha exposición pictórica de Tato...

0
A mostra estará dispoñible na sala de exposicións da sede de Turismo Rías Baixas ata o próximo 16 de febreiro A Deputación de Pontevedra inaugura...

O Concello de Nigrán emprenderá un novo plan de asfaltados de preto de...

0
A actuación forma parte do plan de asfaltados deste ano e abrangue ás sete parroquias, estando xa a redactarse o plan para 2026 "Nunca na...

Luis Menor anuncia á presidenta da FEMP que Massanassa será o municipio de Valencia...

0
O presidente provincial, Luis Menor, reuniuse en Fitur con María José García-Pelayo, para informarlle da acción piloto que poñerá en marcha a Deputación de...

O novo paseo do litoral de Cesantes mellorará a mobilidade ata a praia e...

0
- O Concello de Redondela xa conta co proxecto de execución para o novo paseo do litoral de Cesantes que unirá o peirao coa...

Por previsión de temporal con alerta laranxa a Festa do Cocido prevista para mañá...

0
Por mor da previsión de temporal con alerta laranxa para mañá domingo, a Comisión de Festas de Trasmañó anuncia que a Festa do Cocido...

Publicacións Relacionadas